Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.052

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de marzo de 1995 pola que se convoca concurso-oposición para ingreso no corpo de mestres en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma, así como a adquisición de novas especialidades.

Advertidos erros na antedita orde, cómpre face-las seguintes modificacións:

-Na páxina 2.675 do DOG do 7 de abril de 1995, no punto 40.2º, onde di: «3ª Proba oral: os aspirantes que superen... Na segunda o aspirante deberá enmarca-lo tema no currículo oficial de educación primaria...», deberá dicir: «Na segunda o aspirante deberá enmarca-lo tema no currículo oficial de educación infantil ou primaria, segundo corresponda...».

-Na páxina 2.684 do mesmo DOG, onde di: «4.2.1. Ciclo medio», debe dicir: «4.2.1. Ciclo elemental».

-Na páxina 2.685 do mesmo DOG, deberá engadirse o seguinte: «5.7. Por cada mes farcción de ano inferior ó curso completo nas prazas que se indican no apartado 5.3: 0,016 puntos».

-Na mesma páxina deberá engadirse: «5.8. Por cada mes farcción de ano inferior ó curso completo en prazas de distinto nivel educativo ou diferente especialidade á que opte o aspirante, noutros centros: 0,008 puntos».