Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das obras de clave N/LU/87.4.1 e N/PO/95.1.

A) Obra.

-Acondicionamento da LU-160 de Mondoñedo ó Valadouro, treito: Ferreira do Valadouro-Adelán, p.k. 26,270/34,200.

Clave: N/LU/87.4.1.

Orzamento: trescentos corenta e tres millóns catrocentas vintedúas mil cento corenta e nove pesetas (343.422.149).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Fianza provisional: 6.868.443 ptas.

-Alargamento e mellora da estrada PO-342 da N-550 (Virxe do Camiño) a PO-331 (Cela), treito: Cela-Mosende, p.k. 0,000/3,660.

Clave: N/P0/95.1.

Orzamento: douscentos oitenta e un millóns oitocentas corenta e unha mil trescentas noventa e oito pesetas (281.841.398).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4,, categoría e.

Fianza provisional: 5.636.828 ptas.

(Declaradas urxentes segundo o establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979; e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás once horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda