Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da asistencia técnica e novos desenvolvementos con destino ó sistema integrado de xestión tributaria denominado Xeito (Expte. 18/1995).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público aberto para a contratación de asis

tencia técnica e novos desenvolvementos con destino ó sistema integrado de xestión tributaria denominado Xeito. As características básicas da contratación son as seguintes:

Entidade adxudicataria: Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono 54 41 34.

Modalidade: concurso público aberto.

Obxecto: asistencia técnica e novos desenvolvementos con destino ó sistema integrado de xestión tributaria denominado Xeito.

Prazo de execución: seis meses.

Presuposto máximo: cincuenta e dous millóns seiscentas mil pesetas (52.600.000 ptas.) IVE incluído.

Forma de pagamento: por transferencia bancaria mensual, previa facturación.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

Documentación de interese para os licitadores: estará ó dispor dos licitadores durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificios administrativos San Caetano en Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do vixésimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que teñen que presenta-los licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a Mesa de Contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de

Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA