De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante que se indica no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para o posto se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais e nas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado para ocupa-lo posto de traballo un funcionario con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta Comunidade Autónoma conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e nas demais disposicións concordantes.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo destino, e de un mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do funcionario.
O prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1995.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
ANEXO I
Denominación do posto: asesor xurídico.
Dependencia: Secretaría Xeral.
Localidade: Santiago de Compostela.
Tipo do posto: S.
Grupo: A.
Nivel destino: 30.
Complemento específico: 2.153.772.
Corpo ou escala: escala de letrados Xunta de Galicia.
Méritos preferentes: prestar ou ter prestados servicios na área consultiva e/ou contenciosa da Administración.