Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.961

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ó acordo acadado no Procedemento de Conciliación-Mediación, AGA; para a solución dun conflicto de intereses suscitado na Radio Televisión de Galicia, S.A.

No cumprimento do artigo 2.f) do Real decreto 1040/1981, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, faise público o acordo acadado no Procedemento Conciliación-Mediación, AGA -Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo-, para soluciona-lo conflicto xurdido na Radio Televisión de Galicia, S.A. respecto ó recoñecemento dun complemento salarial de índole persoal para a categoría dos auxiliares de redacción por parte da empresa R.T.V.G., S.A.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo acadado no Procedemento de Conciliación-Mediación, AGA,

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

-Procedemento Mediación-Conciliación.-Expediente: 8/1995.-Ámbito do conflicto: Radio Televisión de Galicia, S.A.

-Promotora: empresa Radio Televisión de Galicia, S.A.-Contraparte: grupo de auxiliares de redacción da Radio Televisión de Galicia, S.A., representados polo comité de empresa.-Data do acordo: 05.04.95.-Texto do acordo: a empresa comprométese a aboarlle á contraparte afectada o complemento de redacción na contía de 45.000 pesetas ó mes, por catorce pagas ó ano e dende xaneiro de 1995. O dito complemento, que será percibido con independencia do destino, non será en ningún caso compensable nin absorvible, nin tan sequera por posteriores convenios colectivos, e será incrementado no futuro na mesma porcentaxe que se pacte como incremento salarial nos sucesivos convenios, e sen que exista máis que reclamar pola contraparte afectada polas funcións realizadas.