Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUALEDRO

EDICTO.

Unha vez aprobado pola corporación o proxecto de escudo heráldico deste municipio, en sesión plenaria do día 30-3-1995, en cumprimento do disposto no artigo 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sométese o expediente de referencia a exposición pública polo prazo de un mes, para efectos de reclamación, podendo ser examinado na secretaría do concello, durante a xornada de traballo de oficinas.

Cualedro, 31 de marzo de 1995.

Marina Cuquejo Taboada

Alcaldesa