Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do día 4 de abril do presente ano, acordou aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal.

O expediente exponse ó público na secretaría xeral do concello, polo prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo, Diario Oficial de Galicia ou xornal El Progreso de Lugo, co obxecto de que durante el se poidan presentar alegacións, reclamacións ou suxerencias.

Como consecuencia do acordo citado, e en exercicio do que dispón no artigo 102 do Real decreto lexislativo 1/1992, acordouse suspende-lo outorgamento de licencias, nas áreas que se relacionarán ó final deste anuncio, ata que non se produza a aprobación definitiva das citadas modificacións, sen que en ningún caso poida supera-lo prazo de dous anos

Áreas de suspensión.

Nº 2. Arredores do cemiterio e nunha fronte de 18 metros.

Nº 3.1. 70 metros no lateral sur de intersección con acceso a Goios.

Nº 3.2. 60 metros no lateral sur de intersección con acceso a Goios.

Nº 3.3. 30 metros no lateral sur de intersección coa rúa Campo da Feira.

Nº 3.4. 30 metros no lateral norte de intersección coa rúa Campo da Feira.

Contra este acordo de suspensión do outorgamento de licencias poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde

a última publicación deste anuncio; neste caso deberá comunicarse, previamente e por escrito, ó órgano que adoptou o acordo, segundo dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Pontenova, 20 de abril de 1995.

O alcalde

Rubricado