Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO de información pública do proxecto de nova impulsión A Telva-Alvedro de mellora no abastecemento á Coruña desde a estación de tratamento de auga potable.

O Concello da Coruña solicita a ocupación dos terreos necesarios para a execución das obras do proxecto de nova impulsión A Telva-Alvedro de mellora no abastecemento á Coruña desde a estación de tratamento de auga potable.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude das atribucións que lle foron conferidas polo Real decreto 2792/1986, do 30 de decembro e o Decreto 24/1987, do 9 de xaneiro, da Xunta de Galicia resolveu dispoñe-la pertinente e continuada tramitación do expediente expropiatorio, polos procedementos previstos na Lei de expropiación forzosa e no seu regulamento, determinando que o órgano competente será a Dirección Xeral de Obras Públicas.

Con data 22 de marzo de 1995, a Dirección Xeral de Obras Públicas resolve que o Servicio de Xestión do Dominio Público Hidráulico, e de conformidade coa lexislación e normativa vixentes, someta a información pública a relación de bens e dereitos afectados polas referidas obras, sendo estes os seguintes:

1. Predio nº 10 do parcelario do proxecto.

Situación: Almeiras. Concello de Culleredo.

Cultivo: horta.

Propietario: Severino Varela García.

Domicilio: Almeiras, Culleredo (A Coruña).

Lonxitude afectada: 24,40 metros.

Largo: 3 metros.

Superficie afectada: 73,20 m.

2. Predio nº 11 do parcelario do proxecto.

Situación: Almeiras. Concello de Culleredo.

Cultivo: froiteiros.

Propietario: Manuel Alonso Rial.

Domicilio: Almeiras, Culleredo (A Coruña).

Lonxitude afectada: 97,50 metros.

Largo: 3 metros.

Superficie afectada: 292,50 m.

3. Predio nº 11 do parcelario do proxecto.

Situación: Almeiras. Concello de Culleredo.

Cultivo: monte.

Propietario: Juan Suárez Paz.

Domicilio: Caracas. Venezuela.

Lonxitude afectada: 4 metros.

Largo: 3 metros.

Superficie afectada: 12 m.

Así mesmo considérase necesaria a ocupación temporal dunha franxa de terreo de 5 metros de largo a cada lado para a execución das obras.

O que, por orde do director xeral de Obras Públicas, se fai público para que no prazo de quince (15) días, contados a partir da última das publicacións a que se refire o artigo 17.2º do Regulamento de expropiación forzosa, aprobado polo Real decreto do 24 de abril de 1957, poidan os interesados formular alegacións sobre a procedencia da ocupación ou disposición dos bens e o seu estado material o legal, perante o Servicio de Xestión do Dominio Público Hidráulico da Dirección Xeral de Obras Públicas, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

Jesús V. Pazo Buján

Xefe do Servicio de Xestión do Dominio Público

Hidráulico