Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación polo sistema de poxa, das obras de clave RC-AC-95.03 e RC-AC-95.04.

A) Obras.

-Clave: RC-AC-95.03.

Obra: beirarrúas e rede de augas pluviais en Abegondo.

Orzamento: trece millóns trescentas setenta e tres mil novecentas setenta e seis pesetas (13.373.976 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: duascentas sesenta e sete mil catrocentas oitenta pesetas (267.480 ptas.).

-Clave: RC-AC-95.04.

Obra: beirarrúas e rede de augas pluviais en Mabegondo.

Orzamento: once millóns cincocentas nove mil catrocentas setenta pesetas (11.509.470 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: duascentas trinta mil cento oitenta e nove pesetas (230.189 ptas.).

(Declaradas urxentes con base no establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado e a 32 da Lei 6/1994, da Comunidade Autónoma galega).

B) Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposicións: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura de proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás doce horas do sexto día, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1995.

P.D. (Orde 30-1-1995)

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña