Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.939

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (124/1995).

En virtude do acordado polo xuíz accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Ribeira, en resolución desta data, dictada en autos de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 124/1995, por instancia de Juana María González Fernández, representada polo procurador Arca Soler, por medio da presente cédula emprázase ó esposo demandado Juan Fernando Domínguez Rego, maior de idade, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que, no improrrogable termo de vinte días, compareza nos autos, como parte en forma e conteste a demanda, formulando se é o caso reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e non facerlle outras notiticacións que as sinaladas na lei. Fáiselle saber que as copias da demanda e dos documentos atópanse á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de emprazamento en forma ó referido demandado, expido e asino a presente cédula en Ribeira o dezaoito de abril do mil novecentos noventa e cinco.

Amalia del Castillo de Comas

Secretaria xudicial