Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.939

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO de poxa (126/1993).

Fidel Jesús del Río Pardo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 00126/1993, se segue procedemento executivo, letras de cambio, por instancia de Ibérica de Congelados, S.A., representado polo procurador Mario Sánchez Trigo, contra Frimar Noia, S.L., en reclamación de cantidade; nos seus autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa avaliación, os seguintes bens embargados no procedemento:

Bens embargados:

1.-7 arcóns conxeladores 300 1. Características de conxelación similares, marcas Vereka e Fricón. Valorados en 280.000 ptas.

2.-1 máquina eléctrica cortadora de conxelado, marca Mainca, valorada en 50.000 ptas.

3.-1 balanza tipo suspendido marca Berkel/9 kg, valorada en 65.000 ptas.

4.-1 balanza sobre-mesa marca Minerva, 9 kg, valorada en 65.000 ptas.

5.-4 arcóns conxeladores 300 1, marcas Vereka e Zanussi, valorados en 160.000 ptas.

6.-1 máquina-portadora eléctrica de conxelado, marca Gesa, valorada en 40.000 ptas.

7.-1 balanza electrónica, marca Mobba 9 kg, valorada en 65.000 ptas.

Os bens saen a licitación en 7 lotes, sendo depositario dos bens embargados Javier Martínez Valiente, representante legal de Iberconsa-Vigo.

A poxa, celebrarase o vindeiro día 28 de xuño de 1995, ás 13 horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, coas seguintes condicións:

1º O tipo do remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2º Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores, polo menos, o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao-Vizcaya, S.A., conta 1567).

3º Soamente o executante poderá cede-lo remate a terceiro.

4º Poderán facerse ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto a aquel, o resgardo a que fai referencia o punto 2º.

5º Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda

o vindeiro día 28 de xullo de 1995, ás 13 horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 28 de setembro de 1995, tamén ás 13 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e lles sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

En Noia, sete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado