Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 1995 Páx. 3.919

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (154/1994).

Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, certifico que no xuízo executivo número 154/1994 se dictou sentencia, co encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Ordes o vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por María Luisa Cardesín Díaz, xuíza de primeira instancia e instrucción deste partido xudicial, os presentes autos civís de xuízo executivo, rexistrados baixo o número 154/1994, dos deste xulgado, tramitados por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., con domicilio social en Madrid, rúa Alcalá, 49, representado polo procurador Ricardo García Piccoli, asistida do letrado Francisco A. Rodríguez-Gigirey Pérez, contra Manuel Cancelada Veiras, veciño de Ordes, con domicilio en rúa Xeneral Mola, 10, declarado en rebeldía pola súa incomparecencia nestes autos.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra Manuel Cancelada Veiras, facendo remate dos bens embargados, e co seu producto, enteiro e cumprido pagamento á executante Banco Central Hispanoamericano, S.A., da suma de catrocentas setenta e nove mil setecentas corenta e dúas pesetas (479.742 ptas.) de principal reclamado, máis os xuros pactados e as custas do procedemento que se lle impoñen ó executado.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela pode interpoñerse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación, que deberá presentarse perante este xulgado.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ó demandado en situación de rebeldía Manuel Cancelada Veiras expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que asino en Ordes o sete de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA