Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 1995 Páx. 3.910

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

O Decreto 74/1995, do 10 de marzo, (DOG nº 54, do 17 de marzo) aproba a oferta de emprego público do persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde para o ano 1995.

Procede agora acordar e publica-las bases que van rexe-las distintas convocatorias, comezando por aquelas categorías que se especifican no anexo I.

Xa que logo, este centro directivo, despois da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario ó Servicio da Comunidade Autónoma e no uso das competencias que ten delegadas polo artigo 4 d) da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, resolve convocar concurso-oposición para

o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, consonte as seguintes:

BASES:

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócase concurso-oposición para o acceso ás categorías que se especifican no anexo I da presente resolución.

2. O número de prazas para cubrir neste concurso-oposición é o que se específica, para cada unha das categorías, no citado anexo I, con expresión do número de prazas reservadas ás quendas de acceso libre, promoción interna e, se é o caso, reserva do 3% para minusválidos conforme co establecido no artigo 7.1º do Decreto 74/1995, do 10 de marzo, e todo isto sen prexuízo do disposto no artigo 3.2º do Real decreto 118/1991, do 25 de decembro.

3. As prazas non cubertas polas quendas de promoción interna e, se é o caso, de reserva para minusválidos, acumularanse ó sistema de acceso libre.

4. Os aspirantes só poderán participar nunha das quendas á que se fai referencia nos parágrafos anteriores. Se da instancia que presenten non se deducira a súa opción, entenderase que participan pola quenda de acceso libre.

5. Ó proceso selectivo que se convoca a través da presente resolución seranlle aplicables os preceptos básicos do Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, Decreto 74/1995, do 10 de marzo, e as bases que a través dela se acordan. En todo o non previsto na dita normativa rexerán, con carácter supletorio os preceptos non básicos do citado Real decreto 118/1991.

6. Sen prexuízo do disposto nos apartados anteriores, os tribunais que se nomeen, haberán de resolver, tanto na fase de oposición como na fase de concurso, tódalas dúbidas que puideran xurdir na aplicación das presentes bases, así como as situacións derivadas daqueles casos non recollidos nelas, axustándose, en todo momento, ó establecido na lexislación do procedemento administrativo común.

Segunda.-Requisitos dos candidatos.

Para seren admitidos ás probas selectivas, con carácter xeral, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Acceso libre:

1. Ser español.

2. Ter cumpridos os dezaoito anos de idade.

3. Non padecer enfermidades ou limitacións físicas ou psíquicas que o incapaciten para o desempeño das funcións correspondentes.

4. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.

5. Estar en posesión da titulación que, para cada unha das categorías que se convocan, se especifican

no anexo I da presente resolución ou estar en condición de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de instancias para tomar parte no concurso-oposición:

6. Sen prexuízo do establecido no número 1 do apartado a) da presente base e de conformidade co establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Comunidade Europea, os estranxeiros ós que lle sexa de aplicación a dita lei, poderán concorrer ó concurso-oposición para o acceso ás distintas categorías que se convoquen nas mesmas condicións có resto dos aspirantes, debendo acreditar ademais non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu estado de orixe, o acceso á función pública.

b) Reserva para minusválidos:

Naquelas categorías en que por razón do número de prazas convocadas se reservan prazas para prover pola quenda reservada para minusválidos, os aspirantes, ademais de posuí-los requisitos numerados no apartado a) da presente base, cómpre que sufran unha discapacidade igual ou superior ó 33%, recoñecida conforme coa normativa vixente.

Tódolos requisitos esixidos na presente base deberán posuírse polos aspirantes, xa se trate de quenda de acceso libre ou de reserva de minusválidos, na data en que finalice o prazo de presentación de instancias e haberán de manterse ata a toma de posesión como persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

c) Promoción interna:

Ademais dos requisitos establecidos no apartado a) da presente base, os aspirantes que participen por esta quenda, deberán posuí-los seguintes requisitos na data de comezo do prazo de presentación das instancias para participar no concurso-oposición:

1. Te-la condición de persoal estatutario fixo ou do cadro en calquera institución dependente do Servicio Galego de Saúde, nunha categoría pertencente ós grupos de clasificación, dos establecidos no artigo 3 do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, iguais ou inferiores ó da categoría á que se pretende acceder.

2. Ter completados dous anos de servicios efectivos en praza en propiedade nunha das ditas categorías pertencentes a un grupo igual ou inferior ó da categoría á que se pretende acceder.

Terceira.ºInstancia.

1. Os que desexen participar no concurso-oposición haberán de cubrir necesariamente o modelo de instancia xunto co modelo de autoliquidación de taxas, as instruccións para cubri-la documentación e o correspondente sobre de envío dela, que será facilitado gratuitamente nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Na oficina de información ó cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

d) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

f) Nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servicio Galego de Saúde.

g) Nos servicios de persoal das administracións dos centros de xestión de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

h) Na Casa de Galicia en Madrid sita na rúa Casado de Alisal, número 8, 28014.

Así mesmo, enviaranse para facilita-la súa difusión á Dirección Xeral do Insalud e ás sedes centrais dos Servicios de Saúde das Comunidades Autónomas con competencias na materia.

2. A dita instancia cubrirase conforme o establecido nas instruccións que se establecen.

En todo caso no sobre de envío debidamente cuberto haberá de introducirse a instancia rexistrada, o exemplar para a Administración do modelo de autoliquidación de taxas unha vez realizada a transferencia na entidade correspondente nos termos previstos no número 7 da presente base e unha fotocopia do documento nacional de identidade. Así mesmo os aspirantes polo sistema de promoción interna, os da quenda reservada a minusválidos, os que teñan a condición de estranxeiros nos termos reflectidos no número 6 do apartado a) da base segunda e o persoal a que se refire o apartado 9, da presente base, haberá de introducir nel a documentación que se sinale para cada caso concreto.

3. O prazo para a presentación das instancias será de un mes contado a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. As instancias para participar no concurso-oposición deberán de presentarse nalgún dos seguintes lugares:

a) No rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito en San Caetano, bloque 2, 2º, en Santiago de Compostela.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

c) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos centros e dependencias ós que se refiren os parágrafos f), g) e h) do apartado 1 da presente base.

d) A través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Durante o prazo de presentación de instancias existirá un teléfono de información número 902-23 96 53 entre as 16 e as 20 horas de luns a venres ó que poderán dirixirse tódolos interesados para aclarar calquera dúbida que xurda ó cubri-la instancia.

6. Por imperativo legal, conforme co disposto no artigo 25.2º A) da Lei 6/1994, do 29 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1995 que modifica o apartado 0.3 do artigo 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicía, haberán de satisfacerse dereitos de exame que ascenderán á cantidade de 5.410 pesetas para categorías do grupo D (auxiliares de enfermería e auxiliares da función administrativa) e a cantidade de 4.330 pesetas para categorías do grupo E (celadores e pinches), que serán ingresadas mediante transferencia bancaria nunha das entidades bancarias relacionadas no reverso do modelo de autoliquidación de taxas que se facilitarán xunto coa instancia.

7. Para tal efecto, os aspirantes á hora de efectua-lo ingreso da cantidade que corresponde na entidade bancaria ou de aforro para a súa transferencia, haberán de introducir no sobre de envío o exemplar para a Administración do modelo de autoliquidación de taxas debidamente validado pola entidade correspondente.

En todo caso, non se poderá grampar á instancia nin o dito modelo de autoliquidación nin outro xustificante que, se é o caso, entregue a entidade ó interesado.

8. A simple transferencia do ingreso non suporá en ningún caso, a substitución do trámite de presentación do modelo de instancia no prazo e na forma prevista na presente base.

9. Conforme co establecido no artigo 26.2º a) da Lei 1/1994 do 30 do marzo, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1994 que modifica o apartado 4º do artigo 16 do citado Decreto lexislativo 1/1992, gozará de exención dos dereitos de exame á que se fai referencia no apartado 7 da presente base, todo o persoal que, durante o prazo de presentación de instancias, pertenza, por calquera vínculo xurídico, á Administración da Xunta de Galicia. Para acreditación desta circunstancia introducirase no sobre de envío xunto coa instancia, e demais documentos que procedan, unha certificación do servicio de persoal correspondente. Os aspirantes polo sistema de promoción interna quedarán exentos de acredita-la dita circunstancia para estes efectos.

10. Os aspirantes polo sistema de promoción interna deberán introducir no sobre de envío xunto coa instancia e resto de documentación, unha certificación acreditativa, emitida polo órgano competente, dos requisitos esixidos no apartado c) da base segunda da presente resolución.

11. Os aspirantes con minusvalidez en grao igual ou superior ó 33% que opten por participar na quen

da reservada para minusválidos deberán sinalar esa circunstancia no recadro reservado para tal efecto na instancia, introducindo no sobre de envío xunto con ela e o resto de documentación esixida unha certificación acreditativa da minusvalidez expedida polos órganos competentes da Comunidade Autónoma correspondente ou, de se-lo caso, do Ministerio de Asuntos Sociais. Así mesmo, deberán solicitar na instancia, as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, cando esta adaptación sexa necesaria. As devanditas adaptacións non desvirtuarán, en ningún caso, o contido das probas de valoración da aptitude dos aspirantes.

12. En todo caso, os tribunais reservarán para si o dereito a esixir que se acredite convenientemente a existencia ou non da discapacidade en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

13. A consignación de datos falsos na instancia ou na documentación aportada polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

O domicilio que figure nas instancias considerarase como o único válido para efectos de noficacións, sendo responsabilidade exclusiva do aspirante tanto o erro na súa consignación, coma a comunicación ó Servicio Galego de Saúde de calquera cambio daquel.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

1. Rematado o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde procederá á clasificación e revisión das presentadas para cada unha das categorías convocadas. Rematado o dito proceso, o mesmo centro directivo dictará resolución declarando con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, para cada unha das citadas categorías.

2. A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios dos organismos e institucións a que fai referencia o apartado 1 da base terceira, e haberá de indicar o lugar ou lugares nos que se poderán examina-los listados de aspirantes admitidos e excluídos.

3. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

4. Á vista das peticións de emenda presentadas, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, publicará na forma descrita no apartado 2 da presente base, as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para cada categoría. Para tal efecto a estimación ou, se é o caso, desestimación de ditas peticións de emenda entenderanse implícitas na resolución que publique os ditos listados definitivos.

5. Devolveranse os dereitos de exame ós aspirantes excluídos definitivamente do concurso-oposición

sempre e cando o soliciten no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución a que se refire o apartado anterior e utilicen para isto o modelo que figura como anexo II á presente resolución.

6. A lista definitiva de aspirantes admitidos incluirá a sede asignada pola Administración para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición naquelas categorías nas que, en atención ó número de aspirantes e a dispoñibilidade de lugares para a súa realización sexa necesaria establece-la oportuna distribución territorial. En todo caso terán carácter meramente orientativo e non vinculante para tal efecto, as opcións indicadas polos aspirantes na instancia.

Contra a dita asignación efectuada non caberá reclamación ningunha.

Quinta.-Tribunais.

1. Os tribunais cualificadores do concurso-oposición, para cada unha das categorías que se convocan, serán nomeados pola autoridade convocante publicándose para o efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia cunha antelación de un mes, como mínimo, a realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

Correspóndenlles ós tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e á cualificación dos aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o desenvolvemento concreto das probas selectivas.

2. Os tribunais serán únicos para cada categoría. Non obstante, o anterior, no suposto de que se acordase nalgunha categoría das que se convocan a realización do primeiro exercicio da fase de oposición en dúas ou máis sedes, o tribunal correspondente poderá propoñer á autoridade convocante a designación dunha comisión delegada del que coordine na sede da que se se trate a execución material do acto de realización do dito exercicio da fase de oposición.

3. Os tribunais terán a súa sede, para efectos de comunicacións e incidencias, na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, sita en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, podendo dispoñer que nesta sede unha persoa, membro ou non deles, ou, unha unidade administrativa, atenda, no posible, cantas cuestións sexan formuladas en relación co concurso-oposición.

4. Os tribunais estarán compostos dun número de membros non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes. Tódolos membros do tribunal, tanto titulares como suplentes, deberán atoparse en posesión de titulación de igual ou superior nivel académico á esixida para o ingreso na categoría correspondente. O secretario do tribunal terá, en todo caso, voz e voto.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos dos asesores especialistas que coide oportunos. Os ditos asesores limitaranse a presta-la súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz

e sen voto, e deberán posuír titulación académica do nivel igual ou superior á esixida para o ingreso na categoría correspondente.

5. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, noficándoo á autoridade convocante, cando concorra neles algunhas das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando nos cinco anos anteriores á convocatoria realizaran tarefas específicas de preparación de aspirantes para o ingreso na mesma categoría estatutaria. O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incurso nas circunstancias a que se fai referencia neste apartado. Así mesmo, os aspirantes poderán recursa-los membros do tribunal cando ó seu xuízo concorran as ditas circunstancias.

6. A autoridade convocante publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomean os novos membros do mesmo que teñan que substituír ós que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como os substitutos daqueles.

7. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal con asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. A partir da súa constitución, o tribunal requirirá, para actuar validamente, a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá acorda-la autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que celebre sen necesidade de citar por escrito ós seus membros.

8. Os tribunais que actúen no presente concurso-oposición terán unha das categorías previstas no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de febreiro, que haberá de corresponder ó grupo de clasificación da respectiva categoría estatutaria, conforme o acordado polo órgano competente na materia.

Sexta.-Procedemento de selección.

Conforme co establecido no artigo 4.1º do Decreto 74/1995, do 10 de marzo, o sistema de selección será o de concurso-oposición para tódalas categorías que se convoquen.

A) Fase de oposición.

1. A fase de oposición, dentro de cada unha das categorías que se convocan, consistirá na realización, con carácter eliminatorio dos exercicios que, para cada unha delas, se enumeran no anexo III da presente resolución e coa forma e sistema de cualificación descrita.

No dito anexo especifícase tamén o Diario Oficial de Galicia no que se publicou o programa correspondente.

2. O exercicio consistente na acreditación do coñecemento da lingua galega, na forma descrita no dito anexo, terá soamente carácter obrigatorio, pero non eliminatorio.

3. Os tribunais adoptarán as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición

que sexan escritos e non deban ser lidos por ou perante o tribunal, sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, excluíndose aqueles que teñan exercicios nos que figuren marcas ou figuras que permitan coñece-la identidade do opositor.

4. Sempre que razóns de índole material derivadas do elevado número de aspirantes nunha determinada categoría non o impidan, os tribunais co apoio, no seu caso, das comisións delegadas previstas no apartado 2 da base quinta da presente resolución, adoptarán as medidas tendentes a consegui-la realización simultánea do primeiro exercicio da fase de oposición naquelas categorías en que a dita realización se distribúa en dúas ou máis sedes.

5. Una vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, correspóndelles ós tribunais establece-los criterios de corrección daqueles e decidir segundo isto os aspirantes que os superan ou que resultan eliminados.

6. O primeiro exercicio da fase de oposición, que non se celebrará antes do 15 de outubro de 1995, realizarase no lugar ou, se é o caso, nos lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal haberá de publicar no Diario Oficial de Galicia.

7. Unha vez comezadas as probas, o tribunal fará públicos os anuncios da celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Recursos Humanos e no das direccións provinciais do Sergas e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada o seu comezo.

8. Cando se trate de exercicios que teñan que ser lidos perante o tribunal, a orde de chamamento dos aspirantes para a realización do acto de lectura que, en todo caso, haberá de ser pública, iniciarase por aqueles que o seu primeiro apelido comece pola letra R, conforme co sorteo celebrado para o efecto pola Dirección Xeral da Función Pública, anunciado por Resolución do 9 de marzo de 1995 (DOG nº 67, do 5 de abril).

En ámbolos supostos, os sucesivos chamamentos realizaranse a través do taboleiro de anuncios existente no lugar no que se celebre dita lectura e haberán de levarse a cabo cunha antelación mínima de doce horas. A cualificación dos aspirantes que superaran o exercicio lido ante o tribunal, farase público ó termo de cada sesión.

9. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polos membros do tribunal coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

10. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído do concurso-oposición os que non comparezan.

11. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, debe propoñe-la súa exclusión

á autoridade convocante. Do mesmo xeito o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades nas que puideran incorre-los aspirantes, para os efectos procedentes.

12. A publicación das puntuacións dos distintos exercicios na fase de oposición realizarase nos taboleiros de anuncios dos organismos ós que se fai referencia no apartado 7 da presente base.

13. Se o tribunal, de oficio ou de acordo coas reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao publicamente mediante acordo no Diario Oficial de Galicia. O tribunal poderá acordar nos exames tipo test, a inclusión de preguntas reserva que deberán ser contestadas obrigatoriamente polos aspirantes, ampliándose en tal suposto e de forma proporcional o tempo de realización do exercicio.

14. Rematadas as probas selectivas que compoñen a fase de oposición, o tribunal fará pública nos taboleiros de anuncios dos organismos ós que se refire o apartado 7 da presente base, a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición pola orde de puntuación alcanzada no conxunto dos exercicios.

15. Sen prexuízo do carácter eliminatorio dos distintos exercicios da fase de oposición, o tribunal poderá declarar que superaron a fase de oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas na categoría correspondente.

B) Fase de concurso.

16. Publicada a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición na forma descrita nos apartados precedentes, o tribunal publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia no que se declarará rematada a fase de oposición e abrirá un prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da súa publicación para que os ditos aspirantes presenten a súa solicitude de participación na fase de concurso acompañada coa documentación acreditativa dos méritos que aleguen. Se algún aspirante non presenta a dita solicitude, o tribunal, de oficio, outorgaralle cero puntos na dita fase de concurso.

17. Conforme co establecido no artigo 4.2º do Decreto 74/1995, do 10 de marzo, a valoración da fase de concurso non poderá exceder do 25% da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición.

18. Dentro desta fase do concurso valoraranse os servicios prestados con calquera carácter na categoría estatutaria correspondente nunha institución sanitaria do Sistema Nacional de Saúde. A valoración destes servicios previos para cada categoría, establécese no anexo IV da presente resolución. Para acredita-los servicios previos na fase de concurso, os participantes haberán de acompañar á solicitude certificación orixinal expedida polo órgano competente en materia de xestión de persoal da institución ou organismo correspondente.

19. Igualmente, á solicitude acompañarase, mediante orixinal ou fotocopia compulsada, os documentos acreditativos dos méritos comprendidos dentro do apartado de formación, que non poderá supe

ra-lo 15% da puntuación máxima alcanzable na fase de concurso, e que se relacionan no anexo IV da presente resolución.

20. Para que a participación nun determinado curso sexa tida en conta, resulta imprescindible que os aspirantes acrediten de modo indubitado o número de horas de duración daquel, aínda no suposto de que o dito curso fora convocado, impartido, subvencionado ou acreditado pola Administración autonómica, de forma que non se valorará polo tribunal ningún curso respecto do que non se acredite a súa duración en horas.

21. Tanto a valoración dos servicios prestados como da formación que compoñen esta fase de concurso enténdense referidas ó día de finalización do prazo para a presentación de instancias para tomar parte na fase de oposición á que fai referencia o apartado 3 da base terceira da presente resolución.

22. Os tribunais poderán reclamar de oficio dos aspirantes ou de calquera Administración pública a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegura-la máxima obxectividade na outorgación da puntuación nesta fase de concurso.

23. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, publicarase a mesma no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por cada aspirante no apartado de experiencia e no de formación, así como a valoración total da fase de concurso. Contra a baremación os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

24. A vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación alcanzada, que superaron o concurso-oposición, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas. A dita relación, comprenderá de forma separada, ós aspirantes polo sistema de acceso libre e, se é o caso, polo sistema de promoción interna e pola quenda reservada a minusválidos.

25. Os empates na puntuación final resolveranse en favor do aspirante que obtivera maior puntuación na fase de concurso. De persisti-lo empate, este dirimirase en favor do aspirante con maior puntuación no apartado de experiencia da fase de concurso. De persistir aínda o empate, este dirimirase en favor do aspirante que obtivese maior puntuación nos exercicios da fase de oposición atendendo a súa orde de realización. De persistir aínda o empate este dirimirase definitivamente en favor do aspirante con maior idade.

26. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron o concurso-oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Tal declaración será nula de pleno dereito.

27. Unha vez publicado no Diario Oficial de Galicia o acordo a que se refire o apartado 24 da presente base, o tribunal elevará á autoridade convocante a relación de aspirantes que superaron o concurso-oposición na forma descrita nela.

Sétima.-Promoción interna.

1. Conforme co establecido no artigo 6.3º do Decreto 74/1995, do 10 de marzo, a fase de oposición polo sistema de promoción interna terá o mesmo contido que para o resto de aspirantes das quendas de acceso libre e, se é o caso, da quenda de reserva para minusválidos.

2. A fase de concurso polo sistema de promoción interna consistirá na valoración dos servicios prestados, nos termos establecidos no anexo IV da presente convocatoria, que non poderá exceder do 25% da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición e suxeitándose ós trámites establecidos nos apartados 16 a 27 da base sexta da presente resolución.

3. Os tribunais asignarán unha puntuación adicional, que non poderá exceder do 15% da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición, nos termos reflectidos no anexo V da presente resolución, ben en razón da súa pertenza a unha determinada categoría estatutaria con praza en propiedade e tendo completado un mínimo de dous anos nela, ben en atención do seu contido funcional, ou ben polo desenvolvemento, por calquera vínculo, de postos de traballo específicos da estructura das institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde tamén en función do seu contido funcional.

Oitava.-Elección de destino e presentación de documentos.

1. Recibida pola autoridade convocante a proposta de aspirantes que superaron o concurso-oposición na categoría correspondente, procederase á publicación no Diario Oficial de Galicia dunha resolución pola que se aprobe a relación de prazas que se ofrecen ós aspirantes seleccionados se cita a estes para o acto de elección de destino.

2. Conforme co establecido no artigo 3.2º do Decreto 74/1995, do 10 de marzo, as prazas vacantes que se oferten corresponderán sempre a prazas básicas da correspondente categoría, co réxime xurídico propio do estatuto correspondente e coa estructura retributiva establecida no Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro.

3. As prazas adxudicaranse entre os aspirantes pola orde de puntuación alcanzada no concurso-oposición con preferencia en favor dos aspirantes que accederon polo sistema de promoción interna, quedando obrigados estes á elección dalgunha das prazas ofertadas.

4. Para os sós efectos de elección de destinos, os aspirantes que superaran o concurso-oposición pola quenda reservada a minusválidos, intercalaranse en razón da puntuación total obtida no concurso-oposición entre os aspirantes que o superaron polo sistema de acceso libre.

5. A solicitude que no acto de elección de destino formulen os aspirantes será vinculante e irrenunciable. Deberán de comparecer ó dito acto provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade. Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

6. Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes que non soliciten praza na forma descrita nos apartados anteriores.

No suposto de que algún aspirante resulte excluído por tal causa do concurso-oposición, a autoridade convocante procederá a cubri-las prazas ofertadas e non solicitadas entre os aspirantes que cumpran coas condicións esixidas nestas bases que superaran a fase de oposición e non foran seleccionados no concurso-oposición nos termos previstos nos apartados 26 e 27 da base sexta.

A dita cobertura será realizada pola autoridade convocante segundo a orde de puntuación acadada polos aspirantes no proceso selectivo, quedando expresamente facultada esta para, nestes supostos, altera-la proposta inicial do respectivo tribunal.

7. Celebrado o acto de elección de destino, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes aprobados con indicación da praza que lles correspondese. Os aprobados disporán dun prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da dita publicación para presenta-la seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente categoría, segundo o disposto na base segunda A) 5, anexo I, da presente resolución.

c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Certificado médico en modelo oficial, acreditativo de non estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas que o imposibiliten para o desempeño das funcións correspondentes á praza que vai desempeñar. Para os aspirantes que accederan pola quenda de discapacitados deberán achega-la certificación acreditativa da correspondente minusvalidez.

e) Declaración xurada ou promesa de que non incorre en incompatibilidade consonte a lexislación vixente.

8. Os aspirantes aprobados que tiveran a condición de persoal fixo, por calquera vínculo ó servicio das administracións públicas ou dos servicios de saúde, estarán exentos de acredita-las condicións e requisitos xa xustificados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do organismo

de que dependan acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal. En todo caso, aportarán os documentos a que fan referencia os parágrafos c) e d) do apartado anterior.

9. A documentación dirixirase ó director xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde e poderá presentarse en calquera dos organismos previstos no apartado 4 da base terceira da presente resolución.

10. Os que dentro do prazo fixado, e salvo casos de forza maior libremente apreciada pola autoridade convocante, non presentaren a documentación, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puideran incorrer por falsidade na súa instancia.

Novena.-Nomeamento e toma de posesión.

1. Finalizado o prazo para a presentación da documentación e examinada esta, a autoridade convocante publicará unha resolución no Diario Oficial de Galicia declarando rematado o concurso-oposición, nomeando os aspirantes seleccionados como persoal estatutario fixo do Servicio Galego de Saúde na categoría correspondente e adxudicando con carácter de destino definitivo a praza correspondente.

2. Os nomeados disporán dun prazo de un mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo do dito prazo iniciarase o día seguinte ó da publicación á que se refire o apartado anterior. A toma de posesión da dita praza efectuarase no centro de xestión ó que pertenza esta. De non producirse a devandita toma de posesión, sen causa xustificada, quedará sen efecto o nomeamento e perderán tódolos dereitos derivados da súa participación no proceso selectivo.

3. Conforme o establecido no parágrafo segundo da disposición adicional cuarta do Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, a incorporación ás prazas adxudicadas levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe.

Décima.-Norma derradeira.

1. A presente convocatoria e as súas bases vinculan á Administración, ós tribunais encargados de xulga-lo concurso-oposición e ós que participen nel.

2. A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola autoridade convocante, poderán ser impugnadas polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.

3. Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal, conforme o previsto nas leis.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

ANEXO II

SOLICITUDE DE DEVOLUCIÓN DE DEREITOS DE EXAME

D/Dº

con DNI nº, domiciliado/a

en

teléfono de contacto... tendo optado á categoría de

persoal estatutario de, de conformidade

coa base 4.5 da correspondente convocatoria,

SOLICITO

A devolución dos dereitos de exame na seguinte conta:

Entidade bancaria:

Axencia:

Nº de conta:

Asino a presente solicitude en (lugar)......a (data).....

(Asinado)

Sr. Director Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO III

EXERCICIOS DA FASE DE OPOSICIÓN

A) Auxiliares de enfermería

1º exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 120 preguntas con respostas alternativas, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas e 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 120 puntos.

2º exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito a dous supostos prácticos de 30 preguntas, cada un deles, con respostas alternativas, baseados no contido do programa, nun prazo máximo de 1 hora e 45 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 60 puntos.

3º exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na realización por escrito dunha dobre traducción, directa e inversa, de galego-castelán no tempo máximo de 30 minutos.

Cada traducción será valorada de 0 a 10 puntos, cun máximo de 20 puntos.

O programa relativo á categoría de auxiliar de enfermería foi publicado no DOG nº 88, do 9 de maio de 1995.

B) Auxiliares da función administrativa

1º exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito dun cuestionario de 120 preguntas con respostas alternativas sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas e 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 90 puntos.

2º exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización de unha proba práctica de informática, en Word Perfect 5.2 para Windows, nun tempo máximo de 15 minutos. Na valoración desta proba terase en conta, ademais do manexo do dito sistema operativo, a velocidade na escritura.

Este exercicio será valorado de 0 a 90 puntos.

3º exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na realización por escrito dunha dobre traducción, directa e inversa, de galego-castelán no tempo máximo de 30 minutos.

Cada traducción será valorada de 0 a 10 puntos, cun máximo de 20 puntos.

O programa relativo á categoría de auxiliar da función administrativa foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo).

C) Celadores e pinches

1º exercicio (eliminatorio):

Constestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas con respostas altemativas sobre o contido do progama, nun prazo máximo de 2 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 60 puntos.

2º exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización dunha proba de carácter práctico nunha institución sanitaria do Servicio Galego de Saúde para demostración das aptitudes, destrezas e capacidade profesional en relación coas funcións propias da categoría, co tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.

Este exercicio será valorado de 0 a 30 puntos.

3º exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na realización por escrito dunha dobre traducción, directa e inversa, de galego-castelán no tempo máximo de 30 minutos.

Cada traducción será valorada de 0 a 5 puntos, cun máximo de 10 puntos.

O programa relativo á categoría de celadores e pinches foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo de 1995).

ANEXO IV

VALORACIÓN DA FASE DE CONCURSO

-Advertencia común a tódalas categorías:

O cómputo de servicios prestados enténdese por meses completos; coas fraccións de mes, debidamente totalizadas, efectuarase unha división enteira entre 30.

A) Auxiliares de enfermería

Puntuación máxima alcanzable: 50 puntos.

Puntuación máxima por servicios prestados: 45 puntos

Puntuación máxima por formación: 5 puntos.

A.1. Puntuación por servicios prestados con carácter temporal ou provisional en praza estatutaria: 0,75 puntos por mes completo, na mesma categoría estatutaria: 0,35 puntos por mes completo, en distinta categoría estatutaria.

A.2. Valoración e cómputo do apartado de formación posgraduada:

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados, e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM, Cruz Vermella e colexios profesionais ou acreditados polos organismos competentes, sempre que estes teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

De 30 a 60 horas: 0,25 puntos.

De 61 a 100 horas: 0,50 puntos

De 101 a 200 horas: 1 punto.

Máis de 200 horas: 2 puntos.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e remate, o seu contido e a localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme a unha disposición normativa que regule as súas características xerais, será innecesario acreditalos conforme se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficiente a certificación de asistencia ó mesmo (con expresión, no seu caso, da cualificación de aptitude).

B) Auxiliares da función administrativa.

Puntuación máxima alcanzable: 50 puntos.

Puntuación máxima por servicios prestados: 45 puntos.

Puntuación máxima por formación: 5 puntos.

B.l. Puntuación por servicios prestados con carácter temporal ou provisional en praza estatutaria: 0,75 puntos por mes completo, na mesma categoría estatutaria: 0,35 puntos por mes completo, en distinta categoría estatutaria.

B.2. Valoración e cómputo do apartado de formación posgraduada:

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados, e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades INEM, Cruz Vermella e colexios profesionais ou acreditados polos organismos competentes, sempre que estes teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

De 20 a 40 horas: 0,25 puntos.

De 41 a 60 horas: 0,50 puntos.

De 61 a 200 horas: 1 punto.

Máis de 200 horas: 2 puntos.

Acreditación dos cursos: Deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impaitición. Así mesmo deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e remate, o contido do mesmo e a localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme a unha disposición normativa que regule as características xerais dos mesmos será innecesario acreditalos conforme se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficiente a certificación de asistencia ó mesmo (con expresión, no seu caso, da calificación de aptitude).

C) Celadores/pinches:

Puntuación máxima alcanzable: 25 puntos.

Puntuación máxima por servicios prestados: 22 puntos.

Puntución máxima alcanzable por formación: 3 puntos.

C.1. Puntuación por servicios prestados con carácter temporal ou provisional: 0,37 puntos por mes completo, na mesma categoría estatutaria: 0,17 puntos por mes completo, en distinta categoría.

C.2. Valoración e cómputo do apartado de formación posgraduada:

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados, e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM, Cruz Vermella e colexios profesionais ou acreditados polos organismos competentes, sempre que estes teñan un contido relacionado coas funcions propias da categoría á que se opta a razón de:

De 20 a 40 horas: 0,25 puntos.

De 41 a 60 horas: 0,50 puntos

De 61 a 200 horas: 1 punto.

Máis de 200 horas: 2 puntos.

Acreditación dos cursos: Deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e remate, o seu contido e a localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos conforme se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficiente a certificación de asistencia ó mesmo (con expresión, no seu caso, da cualificación de aptitude).

ANEXO V

PROMOCIÓN INTERNA

A) Auxiliares de enfermería/ auxiliares da función admimistrativa.

A.1. Valoración do contido funcional (máximo 14 puntos):

a) Por praza en propiedade no mesmo grupo de clasificación e no mesmo estatuto: 14 puntos.

b) Por praza en propiedade en distinto grupo de clasificación e no mesmo estatuto: 8 puntos.

c) Por praza en propiedade no mesmo grupo de clasificación e distinto estatuto: 5 puntos.

d) Por praza en propiedade en distinto grupo de clasificación e distinto estatuto: 3 puntos.

A.2. Servicios prestados (máximo 9 puntos):

Por mes completo de servicios prestados en propiedade na praza de procedencia: 0,15 puntos.

A.3. Desempeño de postos (máximo 7 puntos):

a) Desempeño de postos directivos (directores e subdirectores): 7 puntos.

b) Desempeño de postos de xefatura de servicio e sección ou supervisión de área ou unidade, con nomeamento expedido para o efecto polo órgano competente: 4 puntos.

c) Desempeño de postos de xefatura de grupo ou equipo, con nomeamento expedido para o efecto polo órgano competente: 3 puntos.

B) Celadores/pinches

B.1. Valoración do contido funcional (máximo 6 puntos):

Por praza en propiedade en calquera categoría do mesmo estatuto de persoal: 6 puntos.

B.2. Servicios prestados (máximo 6 puntos):

Por mes completo de servicios prestados en propiedade na praza de procedencia: 0,1.

B.3. Desempeño de postos (máximo 3 puntos):

a) Desempeño de postos directivos (directores e subdirectores): 3 puntos.

b) Desempeño de postos de xefatura de servicio e sección ou supervisión de área ou unidade, con nomeamento expedido ó efecto polo órgano competente: 2 puntos.

c) Desempeño de postos de xefatura de grupo ou equipo, con nomeamento expedido para o efecto polo órgano competente: 1 punto.