Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 1995 Páx. 3.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso.

Obxecto: adquisición mediante compravenda dun local en Ferrol con destino á Oficina do Servicio Provincial de Recadación

Orzamento: 30.000.000 ptas.

Fianza provisional: non se esixe.

Documentación: está de manifesto na Sección de Patrimonio e Contratación.

Presentación de proposicións: na Sección de Patrimonio e Contratación, rúa Alférez Provisional, s/n, en horario laboral das 9 ás 13 horas, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

Presentarase un único sobre, coa documentación que se esixe na cláusula 5 do prego de condicións. Deberá incluírse a oferta económica axustada ó seguinte modelo:

Don/Dona..., con domicilio en..., rúa..., número..., código postal..., con DNI número..., actuando en nome propio (ou en representación de..., con domicilio en ..., rúa..., número..., código postal..., conforme se acredita con poder notarial cumprido) toma parte no concurso convocado pola Deputación Provincial da Coruña para a adquisición dun local en Ferrol con destino á oficina do Servicio Provincial de Recadación, e para estes efectos fai constar que coñece e acepta o prego de condicións técnicas, xurídicas e económico-administrativas que serven de base á convocatoria e que acepta tódalas súas cláusulas e condicións, e que ofrece en venda un local situado na localidade de Ferrol, rúa... nº..., cunha superficie útil de..., no prezo de... pesetas.

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Apertura de plicas: celebrarase na Sala de Conferencias do Pazo Provincial (terceira planta), ás 12 horas do día seguinte ó último sinalado para a presentación de ofertas.

A Coruña, 10 de maio de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau Supervia

Secretario