Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 1995 Páx. 3.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 31 de marzo de 1995, aprobou o expediente para a contratación, mediante concurso, da obra denominada auga e rede de sumidoiros en Subiña (Dexo).

De acordo co artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, queda exposto ó público o prego de prescricións particulares polo prazo de oito días hábiles para efectos de presentación de reclamacións.

Simultaneamente e para o caso de que non se produzan, anúnciase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

Obxecto do contrato: a execución das obras comprendidas no proxecto de auga e rede de sumidoiros en Subiña (Dexo) e con suxeición á memoria, planos, medicións, cadros de prezos, pregos de prescricións técnicas, prego de condicións xuridícas e económico-administrativas e prego de prescricións particulares.

Prezo máximo: 14.703.220 ptas.

Prazo: dúas semanas.

Pagamentos: Verificaranse contra certificacións acompañadas de relación valorada expedida polo técnico-director da obra, existindo crédito suficiente na partida 95/441.601/9515 do orzamento municipal.

Pregos de condicións e prego de prescricións técnicas: poderán recollerse na secretaría deste concello, das 9 ás 13 horas.

Garantía provisional: dispénsase da súa presentación.

Garantía definitiva: 588.129 ptas.

Proposicións: presentaranse no lugar e prazo que se indica nos epígrafes 6 e 7 do cadro de características do contrato, dentro do prazo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou DOG, en horas de nove a trece e en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 13 do prego de condicións administrativas.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar no salón de reunións da Casa do Concello sito no primeiro andar, ás doce horas do día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de plicas. Se este acto cadra un sábado, terá lugar o día hábil seguinte.

Oleiros, 18 de abril de 1995.

Angel García Seoane

Alcalde-presidente