Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 1995 Páx. 3.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1995 pola que se anuncia a licitación da obra de acondicionamento da estrada C-536 de Alto da Cerdeira á Pobra de Trives, treito: Alto da Cerdeira-A Pobra de Trives. (Clave N/OU/85.5.3).

Procedemento restrinxido.

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº (981) 54 49 86.

Telefax nº (981) 54 45 29.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida.

Concurso restrinxido de acordo cos artigos 35.2º e 36 bis da Lei de contratos do Estado.

b) Se é o caso, xustificación do recurso ó procedemento acelerado.

Artigo 26 da Lei de contratos do Estado.

c) Contido do contrato obxecto da licitación.

Acondicionamento da estrada C-536 de Alto da Cerdeira á Pobra de Trives, treito: Alto da Cerdeira-A Pobra de Trives. De clave N/OU/85.5.3).

3.a) Lugar de execución.

Termo municipal: S. Xoán de Río-A Pobra de Trives.

b) Natureza e alcance das prestacións e características da obra:

Lonxitude: 10.495,943 metros lineais.

Sección tipo:

Tramo 1. Novo trazado: calzada 2 carrís de 3,50 metros, 2 beiravías de 1,50 metros.

-Caso de vía lenta: carril adicional 3 metros de largo, baixando o beiravía correspondente de 1,50 á 1 metro.

-Leva bermas ou banquetas de 0,5 metros.

Tramo II. Reforzo: calzada de 2 carrís de 3,50 metros e 2 beiravías de 1,50 metros.

c) Volume terraplén: 298.268 m.

d) Volume pedraplén: 7.716 m.

e) Volume escavación: 863.731 m.

f) Obras de fábrica:

-4 pasos superiores, un de lousa pretensada de 40 metros de lonxitude en 3 vans, outro de vigas con 6 vans de 27,50 metros, un terceiro de vigas con 6 vans de 30 metros. O último de viga caixón prefabricada de 3 vans de 69 metros de lonxitude total.

-2 pasos inferiores formados por marcos unicelulares de 5 por 3,50 e con lonxitudes de 18 e 19 metros respectivamente.

-2 muros de terra armada, un de 99 de lonxitude por 9,83 de altura. Outro de 90 de lonxitude por 12,11 de altura.

g) Firme: Subbase de saburra artificial 20 cm.

Base macadam bituminoso 20 centímetros (10+10).

Intermedia S-20: 6 centímetros.

Rodadura D-12: 4 centímetros.

En zonas de reforzo: regularización G-20: 5 centímetros, rodadura D-12: 5 centímetros.

h) Radio mínimo: 100 metros.

Acordo mínimo en planta: 80 metros.

Acordo vertical convexo mínimo: 3.300 metros.

Acordo vertical cóncavo mínimo: 3.000 metros.

Pendente máxima: 7,5%.

Velocidade proxecto: 60 km/h.

Orzamento: 1.004.869.548 ptas.

Mil catro millóns oitocentas sesenta e nove mil cincocentas corenta e oito.

4. Prazo de execución eventualmente imposto.

28 meses.

5. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas adxudicataria do contrato.

Constitución da agrupación de empresas en escritura pública.

6. a) lingua ou linguas nas que deben redactarse as proposicións. Galego, español ou nos idiomas da Comunidade Económica europea, acompañado de traducción oficial.

b) Enderezo ó que se poden solicita-los pregos de condicións e documentación e información complementaria ó respecto.

Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela-A Coruña (España). Teléfono número (981) 54 49 86.

7. a) Data límite de recepción das solicitudes de participación.

29 de maio de 1995.

b) Enderezo ó que se deben enviar.

O indicado no apartado 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

8. Data límite de envío das invitacións a licitar.

7 de xuño de 1995.

9. Se é o caso, fianza e garantía esixidas.

Esixirase unha fianza provisional de 20.097.391 ptas., salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

10. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan.

Pagamentos a conta, de carácter mensual, baseados na evaluación do traballo, de conformidade co disposto no artigo 142 do Regulamento xeral de contratación.

11. Datos referentes á situación do empresario así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo contratista.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato cando non se mencionen na invitación a licitar.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

14. Información complementaria.

Clasificación (nos casos en que legalmente sexa esixible ás empresas licitadoras).

Grupo A, subgrupo 2, categoría d.

Grupo B, subgrupo 3, categoría e.

Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

15. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

12 de maio de 1995.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda