Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 1995 Páx. 3.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das obras que se citan (clave N/AC/89.1 e N/AC/89.3).

A) Obra

1.-Alargamento e mellora do firme da estrada C-646, treito: Cedeira-Campo do Hospital p.k. 0+000-12+200

Clave: N/AC/89.1

Orzamento: cincocentos sesenta e catro millóns oitocentas sesenta mil setenta e sete pesetas (564.860.077)

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: Grupo A, subgrupo 2, categoría d. Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Fianza provisional: 11.297.202 ptas.

2.-Alargamento e mellora de trazado da AC-234, treito: Corredoiras-Arzúa p.k.0+000-12+214.

Clave: N/AC/89.3

Orzamento: cincocentos setenta e dous millóns setecentas vintenove mil seiscentas vinteoito pesetas (572.729.628).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: Grupo A, subgrupo 2, categoría c. Grupo B, subgrupo 2, categoría c. Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Fianza provisional: 11.454.593 ptas.

(Declaradas urxentes de conformidade co establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se exixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicda no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto de 1883/1979 e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizarase pola Mesa de Contratación ás once horas do sexto día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda