Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 1995 Páx. 3.719

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a lista provisional de admitidos e excluídos para participar nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do mesmo corpo.

De conformidade coa base común 4, punto 1 da Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, en expectativa de ingreso, e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do mesmo corpo, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a lista provisional de admitidos ó procedemento selectivo de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario no anexo I desta resolución coa indicación da modalidade de acceso pola que concorre cada aspirante e se están exentos da proba de coñecemento de lingua galega e lingua castelá.

Segundo.-Declarar excluídos provisionalmente os aspirantes que figuran no anexo II desta resolución, polas causas que se indican.

Terceiro.-De conformidade co establecido no artigo 15 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base común 9, Punto 9. 1º da orde da convocatoria, o cumprimento das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria deberá ser acreditado no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte a aquel no que se fagan públicas as listas de aprobados no Diario Oficial de Galicia, sen que a inclusión na relación de admitidos prexulgue que reúnen as condicións esixidas na orde de convocatoria.

Cuarto.-Os interesados poderán interponer no prazo de 10 días naturais as reclamacións que consideren oportunas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1995.

Jaime García García

Director xeral de Persoal