Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 1995 Páx. 3.692

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais de admitidos e excluídos do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres.

Para dar cumprimento na forma máis adecuada ó disposto no número 16 da Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), pola que se convocan probas selectivas para ingreso no corpo de mestres, esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Primeiro.-Facer pública no anexo I a relación de aspirantes admitidos dos que solicitaron tomar parte no mencionado proceso selectivo.

Segundo.-Declarar excluídos, polas causas que se especifican, os aspirantes que figuran no anexo II.

Terceiro-Incluír condicionalmente na relación de solicitantes os candidatos que figuran no anexo III.

Cuarto.-No prazo de dez días a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, os interesados poderán interpoñe-las reclamacións previstas no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo co disposto no apartado IV, número 17, da orde de convocatoria.

Estas reclamacións interpoñeranse na mesma delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na que o solicitante presentou a súa solicitude de admisión.

Quinto.-No prazo de cinco días naturais contados desde o momento do remate do prazo establecido para as reclamacións no número anterior, as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirán á Dirección Xeral de Persoal relación detallada das reclamacións presentadas, con indicación da procedencia ou non de acceder a elas.

Sexto.-O feito de figurar na relación de solicitantes non prexulga que se dean por válidas as condicións persoais do interesado que o lexitimen para participar no proceso selectivo, cando da documentación que no seu momento teña que achegar non se deduza da maneira inequívoca o seu dereito a participar no mesmo, conforme as esixencias da convocatoria.

Tal condicionamento faise extensivo incluso á titulación alegada polo interesado na súa solicitude, xa que a Administración neste momento non se pronuncia sobre a súa validez, senón que a súa consignación no modelo de instancia ten un simple valor indicativo; a certificación de estudios que se una á mesma admítese, exclusivamente, para os efectos da súa valoración pola comisión na fase de valoración de méritos, polo que o interesado actúa neste proceso selectivo baixo a súa responsabilidade estricta e absoluta.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1995.

Jaime García García

Director xeral de Persoal