Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 1995 Páx. 3.642

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (149/1982-05).

María Fe Meitín Fernández, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e do seu partido, fai saber que perante este xulgado se seguen autos de xuízo ab intestato baixo o número 149/1982 por indtancia de Ventura Varela Espasandín, representado polo procurador Rieiro Noya, sobre xuízo ab intestato e que, de conformidade co establecido no artigo 948 da Lei de axuizamento civil, acordou a publicación do presente edicto anunciando o falecemento sen testar de Dolores Varela Abelenda, nacida en Santa Comba (A Coruña) o día 23 de agosto de 1892, filla de José e de María, con último domicilio en Santa Sabina, Santa Comba, e falecida o día 22 de xaneiro de 1982, chamando as persoas que se crean con dereito á herdanza para que comparezan perante este xulgado e reclamalo no termo de trinta días contados desde a publicación do presente edicto.

Santiago de Compostela, vintetrés de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA