Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 1995 Páx. 3.642

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (420/1994).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifica que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís obra a recaída nos autos de xuízo executivo núm. 420/1994, que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Sentencia: «Na cidade de Santiago de Compostela o vintetrés de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

María Fe Meitin Fernández, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos perante este xulgado co número 420/1994, promovidos por Caixa de Aforros Provincial de Ourense, representada pola procuradora Sánchez Silva e dirixido polo letrado Emilio Atrio, contra Ángel Lourido Mosquera, con domicilio na r/ Ourense núm. 8 de Santiago de Compostela e Francisco Barreiro Lojo, con domicilio na r/ Laverde Ruiz núm. 4-3 de Santiago de Compostela, declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Ángel Lourido Mosquera e Francisco Barreiro Lojo, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 403.100 pesetas, importe do principal; e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, ó pagamento dos cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interpoñerse, neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data pola maxistrada-xuíza que a subscribe, e para que conste e para que sirva de notificación en forma ós demandados en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado