Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 1995 Páx. 3.623

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 125/1995, do 10 de maio, polo que se regula a elaboración de productos lácteos a base de leite cru de vaca, considerados como productos tradicionais e se crea o Rexistro de Explotacións Agrarias Elaboradoras de Productos Lácteos Tradicionais.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 91, do 12 de maio, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 3.539, artigo 2º, onde di: «Rexistro de Explotacións Elaboradoras de Productos Lácteos Tradicionais», debe dicir: «Rexistro de Explotacións Agrarias Elaboradoras de Productos Lácteos Tradicionais».

-Na páxina 3.539, artigo 4º, onde di: «... no que se inscribirán tódalas explotacións de gando vacún que se dediquen á elaboración de productos lácteos tradicionais con destino á venda local», debe dicir: «... no que deberán inscribirse tódalas explotacións de gando vacún que pretendan dedicarse á elaboración de productos lácteos tradicionais con destinio á venda local».

-Na páxina 3.539, artigo 6º, onde di: «... e irá acompañado dunha memoria xustificativa de acordo co modelo establecido no anexo II», debe dicir: «... e irá acompañada da acreditación sanitaria da explotación e dunha memoria descritiva de acordo co modelo establecido no anexo II».

-Na páxina 3.540, disposición transitoria, parágrafo primeiro, onde di: «... no prazo máximo de dous meses desde a súa entrada en vigor», debe dicir: «... no prazo máximo de dous meses a partir da entrada en vigor do presente decreto».