Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia concurso público para a contratación da submisnistración de dializadores e liñas.

A Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3-10-1994), convoca o seguinte concurso público nº 4/1995 para a contratación da subministración de dializadores e liñas.

Obxecto e orzamento: a contratación da subministración de dializadores e liñas, por un orzamento de 10.775.000 ptas. (dez millóns setecentas setenta e cinco mil pesetas) (IVE incluído).

Os bens obxecto do presente concurso público deberán ser entregados no prazo a definir pola Administración.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitadas no Servicio de Subministración do Hospital do Meixoeiro en Vigo. Teléfono (986) 81 11 26.

Fianzas:

-Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación (215.500 ptas.), que se constituirá segundo o dis-

posto no artigo 112 da Lei de contratos do Estado e 340 do seu regulamento.

-Fianza definitiva: os licitadores que resulten adxudicatarios deberán presentar unha fianza do 4% do orzamento de adxudicación.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados, no rexistro xeral do Hospital do Meixoeiro en Vigo, antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro en Vigo; ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 2 de maio de 1995.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo