Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.612

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de abril de 1995 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores nomeados pola Orde do 20 de marzo de 1995, pola que se dictan normas en aplicación da sentencia do Tribunal Supremo do 6 de marzo de 1995 relativa á Orde do 23 de abril de 1995.

O apartado segundo da Orde do 20 de marzo de 1995 pola que se dictan normas en aplicación da sentencia do Tribunal Supremo do 6 de marzo de 1995 relativa á Orde do 23 de abril de 1991, procede a nomear funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 23 de abril de 1991 (DOG do 26), de acordo coa citada sentencia, e que non foron nomeados funcionarios de carreira pola orde do 15 de abril de 1992 (BOE do 5 de marzo de 1993).

Estes opositores xa foron nomeados funcionarios en prácticas, no seu momento, o que permitiu que as realizaran e foran avaliados delas con anterioridade á sentencia nº 375/1992, do once de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Continuando coa execución da citada sentencia do Tribunal Supremo de data 6 de marzo de 1995 procede declarar aptos na fase de prácticas a estes opositores.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente no procedemento selectivo convocado pola Orde do 23 de abril de 1991 (DOG do 26) os opositores que se relacionan no anexo da Orde do 20 de marzo de 1995, pola que se dictan normas en aplicación da sentencia do Tribunal Supremo do 6 de marzo de 1995, relativa á Orde do 23 de abril de 1991.

Segundo.-Declarar apto na fase de prácticas e aprobado definitivamente no procedemento selectivo convocado pola Orde do 23 de abril de 1991 (DOG do 26) o opositor Javier Bermúdez Rodríguez.

Terceiro.-Os efectos administrativos da presente orde serán do 1 de setembro de 1992.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria