Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.611

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de abril de 1995 pola que se declaran aptos na fase de prácticas a opositores de 1991 que solicitaran o aprazamento delas.

Pola Orde do 29 de novembro de 1991 (DOG do 10 de decembro) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de mestres os seleccionados no proceso selectivo convocado pola orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 23 de abril de 1991 (DOG do 26) agás os mestres que aparecían no anexo da dita orde, por ter solicitado o aprazamento das prácticas.

Tendo en conta que os ditos mestres xa realizaron as prácticas e que foron avaliados polas comisións

establecidas para o efecto, procede declarar aptos na fase de prácticas estes opositores.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente no procedemento selectivo, convocado pola Orde do 23 de abril de 1991 (DOG do 26) os opositores que se relacionan no anexo desta orde.

Artigo 2º.-Os efectos administrativos da presente orde serán do 1 de setembro de 1993.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

Juna Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Adrán Valcarce, Sara Mª

Antas Ramos, José Luis

Piñeiro Pérez, Óscar Manuel

Pita López, Mª Dolores

Rodríguez Martínez, R. Ramón

Rodríguez Pérez, Javier

Sánchez Rey, Luis

Veiga Alen, Matilde