Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública dun estudio de detalle na rúa Romil, 41.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 3 de novembro de 1994, o estudio de detalle na rúa Romil, 41 (3205/411), redactado polo arqui

tecto José Luis Sáez Silva e visado polo GOAG con datas 20 de xullo e 23 de setembro de 1994; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no DOG, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, así como notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

Así mesmo, sinálase como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición o recollido polo seu ámbito cos seguintes límites:

Norte: rúa Romil, 39.

Sur: rúa Romil, 43.

Leste: Hispanidade, 30.

Oeste: rúa Romil.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 30 de novembro de 1994.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde