Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

EDICTO do 28 de abril de 1995 polo que se anuncia a sometemento o trámite de información pública da aprobación inicial do plan parcial de ordenación de solo clasificado como solo apto para urbanizar de uso industrial situado no lugar de Vidreiro, parroquia de Andrade, co fin de crear un parque empresarial formulado por Xestur-A Coruña, por encargo do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 27 de abril de 1995, acordou aprobar inicialmente o plan parcial de ordenación de solo clasificado como solo apto para urbanizar de uso industrial situado no lugar de Vidreiro, parroquia de Andrade, con

fin de crear un parque empresarial formulado por Xestur-A Coruña, por encargo do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Acordouse tamén somete-lo expediente a información pública polo prazo de un mes que computará desde a derradeira publicación. Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes.

O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo das 9 13 horas tódolos días laborables.

Pontedeume, 28 de abril de 1995.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde