Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.484

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de marzo de 1995 pola que se aproban as bases reguladoras de concesión de axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios e a convocatoria para solicita-las ditas axudas.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro (BOE do 19 de xaneiro de 1988, DOG do 17 de febreiro de 1988), transfírelle á Comunidade Autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola Comunidade Autónoma e asignadas á Consellería de Educación no Decreto 62/1988, do 17 de marzo (DOG do 8 de abril). A Lei 11/1989, do 20 de xullo (DOG do 16 de agosto), de ordenación do sistema universitario de Galicia, determina a constitución do sistema universitario de Galicia con tres universidades, a Universidade da Coruña, a de Santiago de Compostela e a de Vigo.

Para garanti-lo desenvolvemento do sistema universitario de Galicia, a Xunta de Galicia elaborou un Plan de Financiamento que foi aprobado pola Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Presupostos, do Parlamento de Galicia, o día 17 de outubro de 1989, establecéndose, no apartado 5 do dito plan, unha partida de axudas para os alumnos galegos.

A consellería está a levar adiante unha política de asistencia económica ós estudiantes que queda concretada en diversas accións, co obxecto de favorecer, dentro das limitacións orzamentarias, a calidade, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico.

Por esta orde, procédese a convoca-las accións referentes ás asociacións de estudiantes, á mobilidade estudiantil, a favorecer novas oportunidades de formación e á incentivación do rendemento escolar.

Cómpre subliñar que estas accións, que non son incompatibles coas accións do MEC, son nalgún caso complementarias entre si e desempeñan unha función moi peculiar dentro do sistema de axudas ó estudio. As accións complementarias cobren un ámbito de actuación común coas convocatorias de carácter nacional e un ámbito propio, nalgúns casos e polas súas propias bases permiten, nuns casos, aumenta-la cantidade da axuda que recibe o solicitante por parte do MEC e, noutros casos, permiten o aumento do número de solicitantes financiados, ou a posta en marcha de novas axudas para novos solicitantes.

Por outra banda, o feito de estar a falar, nalgún caso, de accións complementarias, supón un condicionamento nas datas de convocatoria, pois esas accións han de supeditarse, nese caso, ás resolucións polas que se adxudican as bolsas de carácter nacional que complementan.

Este condicionamento, e dada a experiencia de anos anteriores fai que na presente orde se convoque unha acción complementaria ás bolsas do MEC dirixida a estudiantes con residencia en Galicia pero que realizan estudios en universidades de fóra de Galicia.

A outra acción de carácter complementario que incluía axudas para transporte, comedor e libros (bolsa complementaria MEC), coa finalidade de axiliza-la súa xestión, farase mediante convenio coas universidades galegas, de xeito que cada universidade realice convocatorias propias de transporte, comedor e libros.

A experiencia de anos anteriores respecto das listas de bolseiros ERASMUS presentados polas universidades, as suxerencias feitas pola comisión e as universidades, e a confirmación de que a Unión Europea porá en marcha un novo programa que combina o mellor de ERASMUS e de LINGUA baixo o nome de SÓCRATES aconsella amplia-las condicións de solicitude.

Do mesmo xeito e cara ós fillos de emigrantes galegos que queiran vir ou estean xa a cursar estudios universitarios en Galicia, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, quere potenciar este tipo de axudas co fin de mellora-las oportunidades de estudiar nas universidades galegas.

Polo que antecede, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Convócanse bolsas e axudas para accións de apoio económico ós estudiantes españois matriculados nunha das tres universidades galegas durante o curso 1994/1995, e apróbanse as bases polas que se rexe

rán as que están incluídas como anexo na presente orde, e que son:

l. Axudas a asociacións de estudiantes das universidades galegas. (Anexo I).

2. Axudas a estudiantes das universidades galegas para a realización de viaxes culturais de carácter pedagóxico. (Anexo II).

3. Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para alumnos universitarios que rematen os estudios no ano 1995. (Anexo III).

4. Axudas complementarias ás bolsas de carácter xeral de estudios universitarios convocadas polo MEC curso (1994-1995) dirixida a estudiantes con residencia en Galicia pero que realizan estudios en universidades de fóra de Galicia. (Anexo IV).

5. Axudas de desprazamento para a realización de prácticas recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións universitarias autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas. (Anexo V).

6. Financiamento de viaxes para estadías nalgún estado membro da Unión Europea co obxecto de coñece-la lingua dese país. (Anexo VI).

7. Axudas complementarias do programa de acción da Unión Europea de mobilidade de estudiantes (ERASMUS). (Anexo VII).

8. Bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º e 3º ciclo en centros da Comunidade Autónoma por parte dos galegos e os seus descendentes, que residan fóra de Galicia. (Anexo VIII).

Artigo 2º

A interpretación das convocatorias, das súas bases e de todos cantos actos administrativos se deriven delas, ateranse ó establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles casos que dean lugar a recurso.

Artigo 3º

A resolución de tódalas convocatorias desta orde farase por medio dunha comisión nomeada para o efecto, que terá dereito á percepción de asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio, modificado, en parte, polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro, sobre indemnizacións por razóns de servicio ó persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Artigo 4º

Para a concesión das axudas convocadas no anexo I da presente orde destinarase a cantidade total de dous millóns de pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.482.00, e para as axudas convocadas nos anexos II, III, IV, VI, VII e VIII da presente orde destinarase a cantidade total de oitenta e nove millóns setecentas cincuenta mil pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.483.00,

e cinco millóns de pesetas para as axudas convocadas no anexo V que serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.440.00, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995. Nembargantes, as cantidades antes citadas poderanse incrementar ou diminuír ata un máximo dun 20% en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Artigo 5º

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, o prazo máximo para resolve-las solicitudes conrespondentes ás accións especificadas nesta orde, será de catro meses, contados a partir do día seguinte ó do remate do prazo concedido para a presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no Decreto 267/1994, do 29 de xullo, (DOG do 26 de agosto de 1994), polo que se aproba a relación de procedementos iniciados a solicitude dos interesados, dos que sexa competente para resolve-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos que a falta de resolución expresa da Administración produce efectos desestimatorios ou estimatorios.

Artigo 6º

A determinación da contía correspondente a cada unha das accións desta orde farase tendo en conta o teito orzamentario, o número de accións convocadas e as previsións de solicitudes axustadas ós obxectivos de cada acción.

Diposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguínte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Universidades e Investigación

ANEXO I

AXUDAS A ASOCIACIÓNS DE ESTUDIANTES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

A Lei de reforma universitaria, no seu artigo 27.5, recoñécelles ós estudiantes o dereito pleno á asociación no ámbito universitario.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria considerou conveniente estimula-lo asociacionismo universitario e as actividades de carácter informativo e científico dos estudiantes deste nivel do ensino como un modo de potencia-lo dinamismo da universidade.

En consecuencia, co fin de poñer en práctica esta tarefa, dentro das dispoñibilidades orzamentarias e tendo en conta as experiencias das convocatorias pasadas, convócase concurso público para a concesión de axudas ás asociacións estudiantís univer

sitarias de Galicia co obxecto de financiarlles durante o ano 1995 unha axuda para algunha das seguintes catro modalidades:

a) Fomenta-las actividades de carácter científico informativo, así como as de formación e mellora das condicións de estudio.

b) Subvenciona-la organización e a asistencia a congresos científicos, certames e reunións de estudiantes.

c) Fomenta-los servicios de axuda e información ós estudiantes en temas de ámbito académico.

d) Fomenta-las actividades que relacionen ós estudiantes co mundo do traballo e co seu futuro.

BASES DA CONVOCATORIA

1. Requisitos dos solicitantes.

1.1. Poderán pedi-la axuda obxecto desta convocatoria as asociacións de estudiantes matriculados durante o curso 1994-1995 nunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia, que estean legalmente recoñecidas.

1.2. Non se poderán solicitar axudas para levar a cabo actividades que teñan finalidade política, sindical, deportiva ou lucrativa, ou que teñan como obxectivo viaxes turísticas ou outras actividades distintas das catro modalidades indicadas anteriormente.

2. Contía.

A cantidade máxima da axuda concedida a cada asociación non poderá exceder de 200.000 pesetas.

3. Solicitudes e documentación.

Cada solicitude presentarase mediante instancia segundo o modelo ED403A, que virá acompañada da seguinte documentación:

a) Datos de identidade da asociación e do seu presidente ou representante legal.

b) Certificación da súa condición de asociación legalizada.

c) Estatutos da asociación.

d) Cotas e número de estudiantes asociados.

e) Programa de actividades do presente curso.

f) Informe, de catro folios como máximo, no que debe incluírse xustificación, interese, obxectivos e alcance da actividade, data de realización e orzamento detallado de ingresos e gastos que comporta.

g) Certificación da conta bancaria establecida a nome da asociación na que se aboará a axuda.

4. Período de desfrute.

As actividades que se subvencionan na presente convocatoria levaranse a cabo no período comprendido entre o día 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 1995. Non se financiarán accións fóra do prazo establecido no parágrafo anterior e tampouco accións que xa foron financiadas na convocatoria anterior.

5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos, San Caetano, Santiago de Compostela) sendo, en todo caso, de aplicación, o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

6. Tramitación.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobará que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e publicará unha resolución no DOG indicando os lugares onde estarán expostas as listas de admitidos e excluídos sinalando, se é o caso, as causas da exclusión. Contra esa resolución poderán os interesados formula-la reclamación ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación no prazo de 10 días, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

7. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase tendo en conta a adecuación entre a solicitude e a modalidade da acción que se vai financiar.

8. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcurrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

9. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

que se publicará no DOG e porá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

O pagamento farase na conta bancaria indicada pola asociación interesada.

Para os efectos de cobro, o presidente ou representante legal da asociación de estudiantes será a persoa responsable ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, asinará a solicitude e asumirá tódalas responsabilidades do destino da axuda.

Nos 15 días seguintes ó da realización da acción para a que se concedeu a axuda, o representante deberá entregar, na Dirección Xeral de Universidades e Investigación, xustificante dos gastos e realización dela respecto dos obxectivos que tiña establecidos.

Se non se leva a cabo a actividade no período establecido nesta convocatoria, a asociación de estudiantes estará obrigada a devolve-lo diñeiro que se lle ingrese.

A asociación beneficiaria fará consta-la colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia nas actividades subvencionadas.

10. Revogación.

Esta consellería resérvase o dereito de reclama-lo importe da axuda, por incumprimento das bases deste anexo.

11. Aceptación da axuda.

Farase mediante documento asinado polo presidente ou representante legal da asociación de estudiantes no que se compromete a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases.

ANEXO II

AXUDAS A ESTUDIANTES DAS UNIVERSIDADES GALEGAS PARA A REALIZACIÓN DE VIAXES CULTURAIS DE CARÁCTER PEDAGÓXICO

Unha das características que máis se percibe no estudiantado universitario e na sociedade en xeral respecto da universidade é a vocación universalista do saber e a procura de lazos e vieiros de comunicación interuniversitarios de carácter nacional e internacional.

O Goberno de Galicia ten previstas estas dúas esixencias no programa de apoio á formación do persoal investigador a nivel de posgrao. Así mesmo, para alumnos de pregrao estase a considerar esta mesma acción baixo a modalidade de aprendizaxe da segunda lingua e tamén para a mobilidade dos estudiantes de forma individual, e en estadías regradas que conducen á obtención de titulacións oficiais.

Por outra banda a ninguén se lle oculta que o estudiante vive academicamente no grupo de clase e as experiencias participativas nel contribúen de forma inequívoca a fixar aprendizaxes. Deste xeito

o Goberno de Galicia quere contribuír ás posibilidades de intercambio cultural e de apertura a outras realidades dos estudiantes como grupo de clase que conviven durante a súa carreira destacando especialmente o remate da mesma.

Así pois, o obxecto desta acción é o establecemento de axudas económicas destinadas a estudiantes das universidades galegas que queiran realizar viaxes culturais de carácter pedagóxico.

Estas axudas serán compatibles con calquera outra que lles puidese corresponder ós interesados.

BASES DA CONVOCATORIA

1. Requisitos dos solicitantes.

1.1. Poderán solicitar estas axudas grupos de estudiantes universitarios de facultades, escolas técnicas superiores ou escolas universitarias de calquera das tres universidades da Comunidade Autónoma: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que estean matriculados no derradeiro ou no penúltimo curso dos seus estudios e teñan programada a realización como grupo, dunha viaxe conectada realmente cos devanditos estudios.

1.2. En ningún caso se poderá conceder máis dunha axuda por facultade, escola técnica superior ou escola universitaria, para cada unha das titulacións que teña albergadas como efectivos estudios autorizados ese centro, con carácter oficial e validez nacional.

1.3. Para os efectos de solicita-la axuda o grupo de que se trate deberá designar un coordinador para o establecido nesta acción.

1.4. Para os efectos da axuda o grupo deberá estar constituído, polo menos, por 20 estudiantes que estean no último ou no penúltimo curso dos seus estudios no ano académico 1994-1995.

2. Contía.

Tendo en conta o teito orzamentario establecido nesta orde, a contía dedicada a esta acción será fixada en función do número de solicitudes e da adecuación destas ós obxectivos da convocatoria, así como das previsións que correspondan ás demais accións convocadas pola mesma orde. As axudas comprenderán unha dotación económica destinada a sufragar parte dos gastos do desprazamento ata o lugar de destino.

3. Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse mediante instancia segundo o modelo ED418A, asinada polo coordinador do grupo.

Cada solicitude virá acompañada da seguinte documentación:

-Breve memoria (dous folios como máximo) do obxecto da viaxe asinada polo coordinador. Nesta memoria especificarase a relación real da viaxe coa carreira estudiada.

-Certificación expedida pola secretaría da facultade ou escola de que os alumnos que compoñen o grupo solicitante están matriculados no último ou no penúltimo ano de carreira nese centro no presente curso 1994-1995.

-Certificación do banco ou caixa de ter aberta, para a viaxe programada, unha conta a nome do coordinador con tódolos datos correspondentes a ela.

4. Período de desfrute.

A viaxe deberá realizarse no período comprendido entre o día 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 1995. Non se financiarán viaxes fóra do prazo establecido no parágrafo anterior e tampouco viaxes que xa foron financiadas na convocatoria anterior.

5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos, San Caetano, Santiago de Compostela) sendo, en todo caso, de aplicación, o disposto no artículo 38.4º Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo comúnpara presentación de instancias.

6. Tramitación.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobará que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e publicará unha resolución no DOG indicando os lugares onde estarán expostas as listas de admitidos e excluídos sinalando, se é o caso, as causas da exclusión. Contra esa resolución poderán os interesados formula-la reclamación ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación no prazo de 10 días, aportando, se é o caso a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

7. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase tendo en conta a relación real das actividades que se vaian realizar nas viaxes cos estudios cursados polos compoñentes do equipo.

8. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

9. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e porá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada polo coordinador.

Nos 15 días seguintes á realización da acción para a que se concedeu a axuda, o representante deberá entregar na Dirección Xeral de Universidades e Investigación, xustificante dos gastos e un informe breve (máximo 4 páxinas) no que se acreditará o cumprimento na viaxe do establecido para a percepción da axuda.

A interrupción ou aprazamento da viaxe terá que lle ser comunicado a esta dirección xeral.

10. Revogación.

Esta consellería resérvase o dereito de poder reclama-lo importe da axuda por incumprimento das bases deste anexo.

ANEXO III

PREMIOS FIN DE CARREIRA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA ALUMNOS UNIVERSITARIOS QUE REMATEN OS ESTUDIOS NO ANO 1995

O obxecto desta acción é facer un recoñecemento expreso á excelencia académica daqueles estudiantes universitarios de centros pertencentes a algunha das tres universidades da Comunidade Autónoma galega (facultades, escolas técnicas superiores ou escolas universitarias) que rematen os seus estudios no curso 1994-1995.

1. Requisitos dos solicitantes.

-Posuí-la nacionalidade española.

-Ter unha puntuación media no seu expediente académico superior a 2,7 puntos, para alumnos de facultades e escolas universitarias, e a 2 puntos, para alumnos de escolas universitarias técnicas e escolas técnicas superiores.

-Ter rematada a carreira no ano 1995. Para estes efectos considérase que remataron a súa carreira

no ano 1995, os alumnos que, nas convocatorias de febreiro, xuño ou setembro de 1995 tiveran cumpridos os requisitos académicos necesarios para a obtención do título de que se trate.

-Estar matriculado no curso 1994-95, en calquera das universidades desta Comunidade Autónoma: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, cursando os estudios regrados do título ó que se presenta como candidato ó premio fin de carreira.

2. Contía.

Concederase un premio ó mellor expediente académico por cada carreira cursada en escolas universitarias, facultades ou seccións, se é o caso, escolas universitarias técnicas e escolas técnicas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os que resultasen premiados recibirán:

-Un diploma acreditativo desta distinción.

-Unha aportación en metálico de 250.000 pesetas.

3. Solicitudes e documentación.

As solicitudes formularanse mediante instancia segundo o modelo oficial ED415A.

Cada solicitude virá acompañada da seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI e NIF do solicitante.

-Certificación académica con especificación das convocatorias, ou fotocopia cotexada dela. En caso de validacións deberá presentarse tamén a certificación da institución de orixe.

-Breve currículum vitae indicando, se é o caso, os premios, bolsas, etc. que lle foran concedidos e outros méritos que queiran alegar, acompañados da documentación correspondente.

-Certificación do banco/caixa de ter aberta unha conta a nome do interesado con tódolos datos correspondentes a ela.

4. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará desde o día seguinte ó da publicación da orde e rematará o día 31 de outubro de 1995.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo, San Caetano, Santiago de Compostela) sendo, en todo caso, de aplicación, o disposto no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

5. Tramitación.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobará que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e publicará unha resolución no DOG indicando os lugares onde estarán expostas as listas de admitidos e excluídos sinalando, se é o caso, as causas da exclusión. Contra esa resolución poderán os interesados formula-la

reclamación ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación no prazo de 10 días, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

6. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

Os alumnos serán seleccionados polo seu expediente académico. Para estes efectos a valoración de cada unha das distintas cualificacións será a seguinte:

Matrícula de honra: 4 puntos.

Sobresaliente: 3 puntos.

Notable: 2 puntos.

Aprobado: 1 punto.

Para obte-la nota media dividirase a suma de notas obtidas en cada disciplina, segundo o precedente baremo, polo número de convocatorias utilizadas para obte-la titulación. A comisión avaliadora poderá ter tamén en conta, para matiza-la proposta, o currículum vitae dos solicitantes e os méritos acreditados.

Naqueles casos en que a comisión avaliadora o coide oportuno poderá propoñe-la concesión de accésit (sen dotación económica), ou deixa-lo premio deserto.

7. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudiar as reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

8. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

O pagamento farase na conta bancaria indicada polo interesado.

9. Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de reclama-lo importe da axuda, por incumprimento das bases deste anexo.

ANEXO IV

AXUDAS COMPLEMENTARIAS ÁS BOLSAS DE CARÁCTER XERAL DE ESTUDIOS UNIVERSITARIOS CONVOCADAS POLO MEC (CURSO 1994-1995) DIRIXIDAS A ESTUDIANTES CON RESIDENCIA EN GALICIA PERO QUE REALIZAN OS SEUS ESTUDIOS EN UNIVERSIDADES DE FÓRA DE GALICIA

BASES DA CONVOCATORIA

1. Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas bolsas complementarias tódolos alumnos universitarios, con residencia familiar en Galicia, que cursen estudios en centros universitarios de fóra de Galicia durante o curso 1994-1995, nunha titulación de carácter oficial e validez nacional que non sexa impartida nalgunha das universidades desta Comunidade Autónoma, ou que veñan cursando eses estudios con continuidade noutra universidade de fóra de Galicia desde antes de que se empezara a impartición destes na comunidade, e teñan, ademais, en ámbolos dous supostos, concedida unha bolsa de estudios do MEC para o curso 1994-1995 por resolución da súa convocatoria xeral de bolsas (Orde do 15 de xuño de 1994, BOE do 24 de xuño de 1994).

2. Contía.

Convócanse un máximo de 35 bolsas. A súa contía determinarase en función da distancia quilométrica da residencia do bolseiro na Comunidade Autónoma co centro universitario onde realiza os seus estudios, de acordo coa seguinte estructuración por zonas:

Zona A: abrangue as comunidades autónomas de Asturias, Castela-León e Cantabria. (Contía: 43.500 pesetas).

Zona B: abrangue as comunidades autónomas de Euscadi, Navarra, Aragón, A Rioxa, Madrid, Castela-A Mancha e Estremadura. (Contía: 50.000 pesetas).

Zona C: abrangue as comunidades autónomas de Andalucía, Murcia, C. Valenciana, Cataluña e Illas Baleares. (Contía: 63.000 pesetas).

Zona D: abrangue a Comunidade Canaria. (Contía: 87.000 pesetas).

3. Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse mediante instancia segundo modelo ED424A, ben polo interesado, ben polos seus pais ou titores legais, acreditando neste caso a relación co posible beneficiario da axuda.

Cada solicitude acompañarase da seguinte documentación:

-Copia do DNI e do NIF do solicitante.

-Documento acreditativo de estar censado en Galicia.

-Credencial de bolseiro do MEC no curso 1994-1995.

-Fotocopia completa cotexada da declaración da renda das persoas físicas referida ó exercicio do ano 1993, dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou Delegación de Facenda na que foi presentada. (No caso de existir ingresos non suxeitos á declaración ante Facenda, deberán facerse constar expresamente no impreso de solicitude).

-Certificación académica ou fotocopia cotexada dela, con especificación das convocatorias. No caso de validación deberá presentar tamén a certificación da institución de orixe.

-Certificación municipal de convivencia.

-Certificación do banco/caixa de ter aberta unha conta a nome do interesado con tódolos datos correspondentes a ela.

-Certificado de matrícula da Universidade de fóra da Comunidade Autónoma con especificación dos estudios nos que está matriculado neste curso. No caso da UNED deberá especificarse o centro asociado de fóra de Galicia no que estea integrado o solicitante e cumpri-los demais requisitos.

4. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

5. Tramitación.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobará que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e publicará unha resolución no DOG indicando os lugares onde estarán expostas as listas de admitidos e excluídos sinalando, se é o caso, as causas da exclusión. Contra esa resolución poderán os interesados formula-la reclamación ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación no prazo de 10 días, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido

este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

6. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase ordenando tódalas solicitudes que cumpran os requisitos en función do módulo económico por persoa e, en caso de empate, por expediente académico.

A adxudicación das bolsas farase segundo a ordenación establecida. Comezarase polas rendas máis baixas, ata onde o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

7. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevaralle a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

8. Publicación da resolución da concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

As axudas pagaranse na conta bancaria que indicou o interesado.

9. Revogación da bolsa.

Dado que para a concesión desta bolsa se está a utiliza-la credencial que testifica oficialmente a concesión ó alumno dunha bolsa da convocatoria xeral do MEC a axuda complementaria que concede a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, estará sometida á revogación que, se é o caso, puidese derivarse da bolsa do MEC e, polo tanto, para a revogación teranse en conta as directrices normativas desta convocatoria e as que lle sexan de aplicación da correspondente orde de convocatoria do MEC.

ANEXO V

AXUDAS DE DESPRAZAMENTO PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS RECOÑECIDAS NOS PLANS DE ESTUDIOS CORRESPONDENTES ÁS TITULACIÓNS AUTORIZADAS NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

BASES DA CONVOCATORIA

1. Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas os decanos ou directores de centros universitarios das tres universidades galegas: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que teñan recollidas nos plans de estudios das titulacións autorizadas e impartidas no seu centro, como mínimo un 20% de horas prácticas a realizar polos alumnos. Para estes efectos, os plans de estudios deberán de estar vixentes.

Igualmente, poderán solicitar estas axudas os decanos e directores de centros cando se trate de prácticas institucionais recoñecidas polo órgano colexiado correspondente (xunta de sección ou xunta de facultade), aínda que non estean no plan de estudios homologado.

2. Número e contía das axudas.

A contía das axudas será repartida en subvencións individualizadas por centros para cada titulación que se solicite, non podendo superar en ningún caso cada subvención individualizada o teito de 200.000 ptas. (duascentas mil pesetas).

3. Contido das axudas.

As axudas destinaranse a cubri-los gastos de desprazamento e material funxible que sexa obrigado para a realización de prácticas, sempre que estas esixan o desprazamento dos alumnos e, se é o caso, de profesores, fóra da cidade onde está situado o campus.

Non se poderán conceder máis de dúas axudas por cada titulación autorizada, e de se-lo caso, por cada plan de estudios homologado para o centro universitario.

4. Solicitudes e documentación.

As solicitudes foomalizaranse mediante instancia segundo o modelo ED425A, asinada polo decano ou director do centro do que se trate. Cada solicitude acompañarase da seguinte documentación:

-Copia da resolución da universidade pola que se publica o plan de estudios correspondente á titulación, con lugar, data e órgano no que se fixo público.

-Certificado, de se-lo caso, expedido polo secretario da facultade, escola técnica superior, escola universitaria ou da xunta de sección do acordo polo que se autorizan as prácticas institucionais que non estean nos plans de estudios homologados.

-Memoria breve (máximo dous folios) na que se refira o tipo de prácticas que se vaian realizar, a súa importancia na formación dos alumnos, o lugar onde se realizarían e un cálculo dos custos para os que se solicita a axuda, así como a especificación

do período de tempo (inicio e remate) de realización das prácticas.

-Certificación do banco/caixa a nome do centro universitario solicitante.

5. Período de desfrute.

As axudas concedidas ó abeiro desta orde terán que executarse dentro do período comprendido entre o día 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 1995. Non se financiarán prácticas fóra do prazo establecido no parágrafo anterior e tampouco prácticas que xa foron financiadas na anterior convocatoria.

6. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

7. Tramitación.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobará que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e publicará unha resolución no DOG indicando os lugares onde estarán expostas as listas de admitidos e excluídos sinalando, se é o caso, as causas da exclusión. Contra esa resolución poderán os interesados formula-la reclamación ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación no prazo de 10 días, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

8. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, eon voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades. A composición da comision farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase tendo en conta o interese das prácticas e a distancia quilométrica desde o centro universitario ata o lugar onde se celebren as prácticas.

9. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comi

sión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevaralle a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

10. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e porá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

As axudas aboaranse na conta bancaria do centro universitario que resulte seleccionado.

Nos 15 días seguintes ó da publicación da orde de concesión da acción, o decano, director do centro universitario ou persoa competente xustificará ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación a realización efectiva das prácticas, así como un xustificante dos gastos derivados da realización delas.

Se non se leva a cabo a actividade no período establecido nesta convocatoria, o decano ou director do centro universitario ó que se destinou a axuda estará obrigado a devolve-lo diñeiro que se lle ingrese.

11. Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de reclama-lo importe da axuda por incumprimento das bases desta convocatoria.

ANEXO VI

FINANCIAMENTO DE VIAXES PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTADO MEMBRO DA UNIÓN EUROPEA CO OBXECTO DE COÑECE-LA LINGUA DESE PAIS

Dentro da formación dos universitarios, un dos fundamentos básicos é o coñecemento de linguas que lle permitan o acceso á cultura de distintos países.

É obvio que moi diferentes accións están a fomenta-la aprendizaxe dunha segunda lingua. A nova estructura deseñada pola Lei de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro de 1990) establece como un obxectivo terminal do ensino secundario o dominio da capacidade comprensiva e expresiva nunha lingua estranxeira.

Nembargantes, a experiencia actual do noso sistema universitario permite comprobar que unha boa parte dos nosos licenciados, que obteñen bolsa de investigación para o estranxeiro, dedican os primeiros meses da súa estadía ó fortalecemento das habilidades lingüísticas. Parece, polo tanto, necesario aumenta-lo número de accións, de xeito tal que se ofrezan máis oportunidades de familiarizarse coa lingua estranxeira.

Cómpre engadir ademais que estas accións desenvolven unha función complementaria respecto dun dos retos que xorde coa integración en Europa: o desenvolvemento da dimensión europea do ensino superior tal como foi proposto pola Comisión da Unión Europea no seu memorando sobre o ensino superior. Do que se trata no fondo é de coñece-las

linguas da UE comprendendo as peculiaridades étnicas, culturais e sociais de cada país.

Precisamente por iso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca accións destinadas a sufraga-la viaxe a estudiantes matriculados nunha das tres universidades da Comunidade Autónoma de Galicia que queiran familiarizarse cunha segunda lingua nalgún dos estados membros da Unión Europea.

BASES DA CONVOCATORIA

1. Requisitos dos solicitantes.

Poderán ser solicitantes destas axudas as persoas que reúnan os requisitos seguintes:

-Posuíren a nacionalidade española.

-Estaren matriculados no curso 1994-1995 en calquera dos centros pertencentes ás úniversidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, cursando estudios regrados de 1º ou 2º ciclo.

-Teren aprobado como mínimo o primeiro curso, con anterioridade á data da orde pola que se convocan estas accións.

-Esta acción será incompatible coa complementaria do programa ERASMUS, sempre e cando a estadía que se pretenda facer sexa para perfeccionar a mesma lingua na que se desenvolveu o programa ERASMUS.

2. Contía.

As axudas comprenderán unha dotación económica para subvenciona-los gastos de desprazamento ó país de destino.

Estas axudas poderán acadar unha contía máxima de 200.000 pesetas.

A contía exacta determinarase en función da duración da estadía e do país no que se realice.

3. Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse mediante instancia segundo o modelo ED416A, ben polo interesado coma polos pais ou titores legais del. En ámbolos dous casos deberá acreditarse a relación co posible beneficiario da axuda.

Cada solicitude virá acompañada da seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI e NIF do solicitante.

-Fotocopia completa cotexada da declaración da renda das persoas físicas referida ó exercicio do ano 1993, dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou Delegación de Facenda na que foi presentada. (No caso de existiren ingresos non suxeitos á declaración ante Facenda, deberán facerse constar expresamente no impreso de solicitude).

-Certificación municipal de convivencia.

-Certificación académica ou fotocopia cotexada dela, con especificación das convocatorias. No caso de validación deberá presentar tamén certificación da institución de orixe.

-Certificación do banco/caixa de ter aberta unha conta a nome do interesado con tódolos datos correspondentes ela.

-Aceptación do centro estranxeiro onde estudiará o solicitante. No caso de que este se desprace polo sistema de intercambio familiar, a constancia de aceptación pode ser substituída por outra semellante que emitan asociacións ou organizacións recoñecidas.

-Escrito especificando o período de desprazamento.

4. Período de desfrute.

A totalidade da bolsa deberase desfrutar dentro do período comprendido entre o día 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 1995. Non se financiarán viaxes fóra do prazo establecido no parágrafo anterior e tampouco viaxes que xa foron financiadas na convocatoria anterior.

5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos, San Caetano, Santiago de Compostela) sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

6. Tramitación.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobará que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e publicará unha resolución no DOG indicando os lugares onde estarán expostas as listas de admitidos e excluídos sinalando, se é o caso, as causas da exclusión. Contra esa resolución poderán os interesados formula-la reclamación ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación no prazo de 10 días, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

7. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase tendo en conta tanto o expediente académico como os ingresos familiares. Dado que a acción regula actividade académica non obrigatoria como estudio regrado oficial, terase en conta, ponderadamente, o aproveitamento académico dos solicitantes.

8. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase foomular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

9. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e porá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

As axudas pagaranse na conta que indicou o interesado.

Nos 15 días seguintes ó da realización da acción o interesado deberá entregar na Dirección Xeral de Universidades e Investigación, unha certificación de asistencia do centro onde estivo estudiando a lingua obxecto da concesión da axuda, así como os billetes da viaxe.

A interrupción ou o aprazamento do período de desfrute ten que lle ser comunicado a esta dirección xeral.

10. Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de reclama-lo importe da axuda, por incumprimento das bases de convocatoria deste anexo.

ANEXO VII

AXUDAS COMPLEMENTARIAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN DA UNIÓN EUROPEA DE MOBILIDADE DE ESTUDIANTES (ERASMUS)

O día 15 de xuño de 1987 o Consello da Unión Europea decidiu adapta-lo programa de acción comunitaria en materia de mobilidade de estudiantes (ERASMUS). Este programa ten, entre outros, o obxectivo de favorece-la posibilidade de cursar estudios integrados nun estado membro da Unión Europea, adquirindo unha experiencia persoal directa da vida económica e social dese estado sen prexudica-lo principio de igualdade de oportunidades.

A mobilidade estudiantil é o obxectivo que mellor acollida obtivo do programa ERASMUS e canalizou unha demanda moi alta; é un dato innegable que a solicitude de bolsas é tres veces máis grande co orzamento dispoñible para esta acción. Cómpre dicir

polo tanto que unha das conclusións máis evidentes desta programa é a limitación nas súas posibilidades financeiras, pero cómpre dicir tamén que os estudiantes do programa ERASMUS son na súa grande maioría excelentes embaixadores do seu propio país por medio dos estudios que realizan, contribuíndo á realización da dimensión europeísta da educación dos nosos estudiantes na Unión Europea.

Precisamente por isto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establece axudas económicas destinadas a estudiantes universitarios da Comunidade Autónoma que teñan concedida unha bolsa do Programa de Acción da Unión Europea de mobilidade de estudiantes (ERASMUS) para o curso 1994/1995.

A experiencia de anos anteriores respecto das listas de bolseiros ERASMUS, as suxerencias feitas pola comisión e as universidades, e a confirmación de que a UE porá en marcha un novo programa que combina o mellor de ERASMUS e de LINGUA baixo o nome de SÓCRATES aconsella amplia-las condicións para solicita-la bolsa complementaria ERASMUS que viña convocando esta consellería en anos anteriores recoñecendo a posibilidade de participaren os bolseiros LINGUA.

BASES DA CONVOCATORIA

1. Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as persoas que reúnan os requisitos seguintes:

-Posuí-la nacionalidade española.

-Estar matriculado no curso 1994-1995, en calquera das universidades desta Comunidade Autónoma: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, cursando estudios regrados de 1º ou 2º ciclo.

-Ter concedida unha bolsa do programa ERASMUS.

-Non ter desfrutado esta bolsa en convocatorias anteriores.

2. Contía das axudas.

A contía máxima que poderán acadar estas axudas será de 250.000 pesetas como cantidade única que se vaia percibir, para o curso académico 1994-1995.

A determinación da contía de cada axuda establecerase valorando en cada caso a relación entre o expediente académico, os ingresos familiares e a duración da estadía no estranxeiro.

3. Solicitudes e documentación.

As solicitudes formularanse mediante instancia segundo o modelo ED417A.

Cada solicitude virá acompañada da seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI e NIF do solicitante.

-Fotocopia completa cotexada da declaración da renda das persoas fisicas referida ó exercicio do ano 93, dos membros que constitúen a unidade fami

liar a que pertence o/a solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou Delegación de Facenda na que foi presentada. (No caso de existiren ingresos non suxeitos á declaración ante Facenda, deberán facerse constar expresamente no impreso de solicitude).

-Copia cotexada da acreditación como bolseiro do programa ERASMUS para o curso 1994/1995, co visto e prace do coordinador do programa.

-Certificación académica, con especificación das convocatorias, e constancia de estar matriculado no curso 1994-1995, ou fotocopia cotexada desta. No caso de validacións deberá presentar tamén a certificación da institución de orixe.

-Certificación municipal de convivencia.

-Certificación do banco/caixa de ter aberta unha conta a nome do interesado.

4. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos, San Caetano, Santiago de Compostela) sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

5. Tramitación.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobará que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e publicará unha resolución no DOG indicando os lugares onde estarán expostas as listas de admitidos e excluídos sinalando, se é o caso, as causas da exclusión. Contra esa resolución poderán os interesados formula-la reclamación ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación no prazo de 10 días, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

6. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuará como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase tendo en conta o expediente académico e os ingresos familiares, primando especialmente a estadía máis longa no estranxeiro e o país ó que se desprace.

7. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no DOG. Contra esta resolución poderase formular reclamación ante a comisión avaliadora no prazo de 10 días, transcorrido ese prazo a comisión procederá a estudia-las reclamacións presentadas e elevará a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

8. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no DOG e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

As axudas pagaranse na conta bancaria que indicou o interesado.

9. Revogación.

Esta consellería reserva para si o dereito de reclama-lo importe da axuda por incumprimento das bases desta convocatoria.

ANEXO VIII

BOLSAS DE RESIDENCIA PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDIOS UNIVERSITARIOS DE 1º, 2º OU 3º CICLO EN CENTROS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA POR PARTE DOS GALEGOS E OS SEUS DESCENDENTES, QUE RESIDAN FÓRA DE GALICIA

A finalidade desta acción é impulsar e mellora-las oportunidades de estudiar nas universidades galegas ós galegas e ós seus descendentes que residan fóra da Comunidade Autónoma perseguindo o obxectivo claro e decidido de capacitar, formar ou perfeccionar profesionalmente a aqueles, contribuíndo á reafirmación e fortalecemento das súas orixes galegas.

BASES DA CONVOCATORIA

1. Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as persoas que reúnan os requisitos seguintes, que deberán acreditar documentalmente:

-Ser galego ou descendente de galegos en liña directa (pais-fillos-netos) e ter residencia fóra da Comunidade Autónoma no momento da publicación desta convocatoria.

-Estar en condicions de inicia-los estudios universitarios para os que se solicita a bolsa ó comezo do curso 1995-1996.

-Acredita-la súa admisión nun centro dunha das tres universidades galegas para segui-los estudios regrados de primeiro ou segundo ciclo, e, cando se trate do terceiro ciclo, nun programa de doutoramento dalgún departamento desas universidades. No caso de que non puidera formaliza-la matrícula por estar pendente de asignación da praza no procedemento de ingreso ó sistema universitario de Gali

cia, certificado da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG); conforme se atopa incluído na lista de espera.

2. Contido das axudas.

As bolsas destinaranse a cubrir total ou parcialmente os gastos de aloxamento e manutención dos beneficiarios.

Na concesión delas terase en conta o rendemento académico e a situación económica.

3. Contía das axudas.

Tendo en conta o teito orzamentario establecido nesta orde, a contía das accións para estudios regrados de 1º ou 2º ciclo non poderá supera-las catrocentas mil (400.000) pesetas e cando se trate de 3º ciclo seiscentas mil (600.000) pesetas brutas.

4. Solicitudes e documentación.

As solicitudes formalizaranse mediante instancia segundo o modelo ED428A, ben polo interesado, ben polos seus pais ou titores legais del, acreditando neste caso a relación co posible beneficiario da bolsa.

Cada solicitude acompañarase da seguinte documentación:

-Fotocopia da tarxeta de identificación persoal (DNI) e NIF do solicitante.

-Documento acreditativo da súa condición de galego ou ascendencia galega.

-Fotocopia completa cotexada da declaración da renda das persoas físicas referida ó exercicio do ano 1994, dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o/a solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou delegación de Facenda na que foi presentada. (No caso de existiren ingresos non suxeitos á declaración ante Facenda, deberán facerse constar expresamente no impreso de solicitude).

Esta documentación virá visada ou selada polo consulado español no país de procedencia.

-Certificación académica dos estudios realizados ata o momento, acompañándose obnigatoriamente, se é o caso de traducción para o galego ou para o castelán da devandita certificación.

-Validación dos estudios cursados conforme a sistemas educativos vixentes noutros países, cando proceda.

-Se a documentación estivese escrita en lingua diferente das que son oficiais en Galicia, xuntarase traducción do documento en cuestión a calquera das dúas linguas oficiais: galego ou castelán.

-Certificación do banco/caixa de ter aberta unha conta a nome do interesado, con tódolos datos correspondentes a ela.

5. Período de desfrute.

As bolsas concedidas ó abeiro desta orde terán un período de desfrute coincidente co período académico ordinario do curso que comeza este ano, con

tando de outubro a xuño. En todo caso, entenderase rematada a axuda, xunto cos beneficios derivados dela, o 30 de xuño de 1996.

Estas bolsas son incompatibles co desfrute de bolsas doutro tipo de accións, tanto de institucións públicas como privadas.

6. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de outubro de 1995.

A solicitude e a documentación requirida presentarase no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos, San Caetano, Santiago de Compostela), sendo, en todo caso, de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para presentación de instancias.

7. Tramitación.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobará que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e publicará unha resolución no Diario Oficial de Galicia indicando os lugares onde estarán expostas as listas de admitidos e excluídos sinalando as causas da exclusión. Contra esta resolución poderán os interesados formula-la reclamación ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación no prazo de dez días, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se reparen as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

8. Selección.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora composta por un representante de cada unha das universidades galegas e tres membros da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. Presidirá a comisión, como representante da dirección xeral, o subdirector xeral de Universidades, e actuara como secretario, con voz e voto, un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación. A composición da comisión farase pública con anterioridade á resolución da convocatoria.

A selección farase valorando en cada caso a relación entre o expediente académico e os ingresos familiares.

9. Resolución.

Efectuada a selección pola comisión avaliadora, a Dirección Xeral de Universidades e Investigación fará pública a relación provisional de beneficiarios seleccionados mediante anuncio inserido no Diario Oficial de Galicia. Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de dez días, transcorrido este prazo, a comisión procederá a estu

dia-las reclamacións presentadas e elevaralle a proposta definitiva, por medio da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que resolva.

10. Publicación da resolución de concesión e libramento.

A resolución de concesión farase por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se publicará no Diario Oficial de Galicia e poñerá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c da Lei 30/1992.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada polo interesado.

11. Obrigas dos bolseiros que resulten beneficiados.

a) Incorporarse ó comezo do curso académico á universidade e centro no que vaia realiza-los estudios.

b) Ó remate do curso o beneficiario remitiralle á Dirección Xeral de Universidades e Investigación unha breve memoria (máximo de tres folios) onde consten as actividades realizadas como estudiante ó longo do curso e as cualificacións obtidas nos seus estudios.

12. Revogación.

A consellería reserva para si o dereito de revoga-la bolsa por incumprimento das bases desta convocatoria.