Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.479

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 123/1995, do 20 de abril, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo segundo, título II o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.

O artigo 12 da mencionada lei sinala que os prezos públicos serán fixados por decreto, a proposta da consellería da que dependa o órgano ou entidade oferente.

Por outra banda, hai que ter en conta que polo Decreto 16/1991 foron asumidas pola Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde.

Así mesmo, o artigo 4 d) da Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, e en relación á evolución xeral dos castos previstos, así como a inclusión de novos servicios sanitarios, establece que o Servicio Galego de Saúde axustará a súa actuación ás normas e instruccións emanadas da Consellería de Sanidade, á que lle corresponde aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión, logo do informe da Consellería de Economía e Facenda.

Faise necesario actualizar e amplia-lo Decreto 94/1994, do 8 de abril, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, para efectos de adecua-las tarifas ó custo económico derivado do servicio ou actividades prestadas.

Sendo, pois, necesario regula-la percepción dos prezos públicos por asistencia sanitaria prestada en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, e logo de informe da Consellería de Economía e Facenda, na súa reunión do día vinte de abril de mil novocentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Apróbanse as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde que figuran no anexo I e II do presente decreto.

2. As tarifas contidas no anexo I serán aplicables ós servicios sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, con excepción daqueles servicios sanitarios nos que a súa prestación veña regulada por convenios ou concertos recollidos no anexo II.

Artigo 2º

A facturación realizarase coas tarifas vixentes o día da prestación do servicio ou, se é o caso, coas do día de alta do paciente.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas tódalas normas de igual ou inferior rango que se opoñan ó establecido no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do establecido no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Prezos de servicios sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social. (En pesetas).

A. Estancias.

1. A tarifa por hospitalización en centros hospitalarios por día de estancia e cama ocupada será de: 41.600

Entenderase por día de estancia e cama ocupada, para efectos de facturación, cando o paciente ingresado no hospital para a atención do proceso patolóxico pernocte no establecemento sanitario, e faga efectiva como mínimo unha das comidas principais.

2. Cando o paciente ingrese nun hospital e ocupe unha cama das salas de hospitalización pero non produza estancia segundo a interpretación do apartado 1. Facturaráselle esa prestación polo 50 por 100 da que lle correspondería por día de estancia e cama ocupada: 20.800

3. A estancia en UVI, UCI, unidades de atención especializada, servicio de reanimación ou unidade de queimados facturarase por: 89.750

4. Por estancia en unidades de psiquiatría de agudos: 20.000

5. Na estancia están incluídas as prestacións de tódolos servicios e gastos que orixinen, excepto as próteses cirúrxicas, marcapasos e todas aquelas que se establezan pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais como custo independente da estancia, recollidas no apartado C deste decreto como servicios especiais.

B. Asistencia ambulatoria en centros sanitarios.

1. Por primeiras consultas ambulatorias: 18.075

2. Por consultas sucesivas e sesións ambulatorias poshospitalarias: 9.325

3. Por intervencións cirúrxicas ambulatorias:

Cataratas: 109.950.

Incisión quiste lacrimal: 23.050

Amigdalectomías: 18.850

Safenectomías: 94.250

Hallux Valgas: 50.275

Herniorrafia Unilateral: 62.825

Herniorrafia Bilateral: 109.950

Fimose: 36.650

4. Por asistencia en urxencias que se presten en institucións sanitarias: 21.900

5. Por consultas sucesivas en urxencias: 10.950

Nestes importes está contida a prestación de tódolos servicios e os gastos que orixinen, coas excepcións que se determinan no apartado C de servicios especiais.

Enténdese por primeira consulta ambulatoria ou de urxencias cantas actuacións sexa preciso efectuar no centro hospitalario para a determinación diagnóstica e orientación terapéutica do proceso asistencial do paciente, estando contidas as probas necesarias como diagnóstico, determinación do tratamento e acto cirúrxico ambulatorio cando proceda que se efectúen dentro dos 15 días seguintes.

As revisións ambulatorias poshospitalarias comprenderán as revisións ás que deban ser sometidos os pacientes hospitalizados despois de seren dados de alta no centro hospitalario, incluíndo cantas actuacións sexa preciso realizar no centro hospitalario para coñece-la evolución clínica do doente e mentres persista a súa relación inmediata co proceso que determina o ingreso.

Entenderanse consultas ambulatorias e de urxencias sucesivas todas e cada unha das asistencias dispensadas a partir dos 15 días da visita inicial sempre e cando se trate do mesmo proceso.

C. Tarifas por servicios especiais.

As tarifas especificadas a continuación como «tarifas especiais» facturaranse con independencia da que lle corresponda por consulta ou, se é o caso, estancia.

1. A solicitude de realización de probas diagnósticas que non xeren consultas ou estancias e non se atopen relacionadas entre estas tarifas especiais, facturaranse por: 15.725

2.Cardioloxía.

2.1. Cardioloxía intervencionista.

Cateterismo (coronariografía): 90.000

Procedementos terapéuticos: 193.991

Implantación de marcapasos:

-Marcapaso endocavitario: 187.641

-Marcapaso epicárdico: 124.720

-Marcapaso con implantación ambulatoria: 90.000

Biopsia endomiocárdica: 124.720

2.2. Cardioloxía diagnóstica.

Ecocardiograma doppler: 27.375

Estudio electrofisiolóxico: 20.000

Proba de esforzo: 15.000

Holter: 15.000

Eco transesofáxico: 27.375

2.3. Cirurxía vascular.

Flebografía: 60.000

Estudio de membros superiores e inferiores: 28.000

Estudio renal: 28.000

3.Radiodiagnóstico.

3.1. Neuroloxía diagnóstica e terapéutica.

Estudio de troncos supraórticos: 88.000

-Anxiografía dixital: 36.550

-Anxiografía dixital terapéutica: 95.000

-Embolización cerebral: 519.000

-Por arteriografía cerebral: 70.000

-Por arteriografía periférica: 50.000

-Por arteriografía toracoabdominal: 50.000

3.2. Por cada exploración mediante TAC scanner.

-Tanto se faga con contraste ou sen el: 32.825

3.3. Por exploración mediante resonancia nuclear magnética:

-Por cada estudio simple: 60.175

-Por cada estudio dobre: 76.600

-Por cada estudio triple de medula, columna e abdome: 94.100

-Plus de contraste: 17.225

-Plus de anestesia: 17.225

3.4. Outras probas de radiodiagnóstico:

-Urografías: 25.000

-Ecografías: 15.000

-Densitometrías: 15.000

4. Respiratorio.

Por broncoscopia con anestesia local: 22.000

5. Otorrinolaringoloxía, foniatría e logopedia.

Probas labirínticas nistagmografía: 22.825

Por cada mes completo de tratamento de logopedia ou foniatría en réxime de sesión diaria: 27.375

Por sesións illadas do tratamento: 1.650

6. Neurofisioloxía clínica.

Por exploración electroencefalográfica: 11.000

Por exploración electroencefalográfica con cuantificación (cartografía, reparto de frecuencias, comparación estatística con patróns normais, etc.): 27.375

Por exploración electroencefalográfica con cuantificación con electrodos implantados: 38.300

Por exploración electroencefalográfica con privación do sono: 16.425

Por exploración de potenciais evocados auditivos: 22.000

Por exploración de potenciais evocados de tronco: 22.000

Por exploración de potenciais evocados somestésicos: 22.000

Por exploración de potenciais evocados visuais: 16.425

Por exploración de Onda P-300: 22.000

Por exploración de variación continxente negativa: 22.000

Por estudio electroencefalográfico con sistema Holter: 54.725

Por exploración electroencefalográfica ou subcorticográfica con ou sen electroencefalograma con electrodos implantados: 32.825

Por electro-retinograma: 22.000

Por electro-oculograma: 22.000

Por audiometría obxectiva: 27.375

Por nistagmograma: 22.000

Por reoencefalograma: 6.575

Por estudio neurofisiolóxico con estimulación magnética e/ou eléctrica transcranial: 27.375

Por electromiograma cuantificado (electromiografía): 22.000

Por electromiograma fibra illada: 43.775

Por estudio electromiográfrco de esfínteres (electromiografía): 27.375

Por neurografía con estimulación repetitiva (electromiografía): 11.000

Por neurografia convencional (electromiografía): 6.575

Por neurografía S.N. Vexetativo: 16.425

Por estudio neurofisiolóxico de movementos anormais (electromiografía): 16.425

7. Dixestivo.

Por colanxiopancreatográfico retrógrada endoscopia: 76.600

Por colanxiografía retrógrada: 76.600

Por esfinterotomía: 131.300

Por extracción de corpos estraños: 27.375

Por dilatacións esofáxicas (por sesión): 32.825

Por dilatación esofáxica (acalasia): 54.725

Por esclerose de varices esofáxicas (por sesión): 32.825

Por colonoscopia: 27.375

Por polipectomía: 49.250

Por sonda de gastrotomía endoscópica: 109.425

Por colocación de drenaxes nasobiliares: 196.950

Por drenaxe biliar interna: 196.950

Por prótese esofáxica: 87.550

Por terapia endoscópica ulcerosa: 43.775

Por biopsia xexunal: 16.425

Por rectoscopia/anuscopia: 8.775

Por papiloctomía endoscópica: 131.300

Por laserterapia sesión: 52.350

Por laserterapia de estómago: 52.350

Por laserterapia de esófago: 52.350

Por laserterapia de colon: 52.350

Por laparoscopia diagnóstica: 78.000

Por laparostomías: 89.000

8. Hemodiálises.

Por cada sesión en centros hospitalarios tanto a pacientes hospitalizados como en réxime ambulatorio: 19.375

O prezo da sesión de hemodiálise comprende a analítica rutineira e as transfusións que se realicen por indicación médica.

Aplicarase un suplemento por dialización mediante concentradores de bicarbonato por sesión de 1.100

9. Tratamento mediante rehabilitación e fisioterapia.

Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación en réxime de sesión diaria: 27.375

Por sesións illadas do tratamento: 1.650

10. Quimioterapia e radioterapia

Por sesión de quimioterapia: 2.200

Por sesión de radioterapia superficial: 1.650

Por sesión de radioterapia profunda: 2.200

Se se subministran fármacos, estes facturaranse a prezo de custo.

11. Procedementos especiais.

No prezo que se establece por cada un destes procedementos considéranse incluídas as probas diagnósticas e terapéuticas rutineiras ou especiais que sexa preciso realizarlle ó paciente con anterioridade ó procedemento ó que vaia a ser sometido. Honorarios médicos, anestesia, dereitos de quirófano, enfermería, estancias no hospital, medicación, material sanitario, alimentación, incluída a nutrición parenteral e enteral e estancias na unidade de cuidados intensivos que puidera precisar.

Transplante autólogo de medula ósea: 2.885.576

Transplante cardíaco: 3.915.500

Transplante hepático: 4.915.500

Transplante renal: 2.288.900

Artroscopias: 76.000

Estudio de inmunohistoquímica (ptas./anticorpo): 5.000

Amniocentese: 80.000

Litotricia renal extracorpórea: 307.475

12. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia e neuropediatría: 43.775

Por cada sesión deste tratamento: 2.200

13. Órtese e prótese.

As órteses e próteses que sexa necesario implantar ou adaptar ó paciente, así como a súa renovación ou preparación, ó prezo de custo.

14. Medicina nuclear.

Gammacámara dixital:

-Gammagrafía de corpo enteiro: 51.905

-Gammagrafía pulmonar con galio: 39.550

-Gammagrafía suprarrenal: 51.905

15. Hospitalización a domicilio.

Por atención prestada a pacientes en réxime de hospitalización a domicilio, por día: 12.575

D. Servicios prestados en centros de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

1. Tarifa básica.

Por primeira consulta: 5.875

Por consultas sucesivas: 2.950

2. Tarifa para consulta con probas complementarias.

Por primeira consulta: 7.350

Por consultas sucesivas: 3.675

3. Tarifas para consultas con coidados de enfermería. Primeira consulta:

-Con probas: 8.800

-Sen probas: 7.050

Consultas sucesivas:

-Con probas: 4.400

-Sen probas: 3.550

4. Consultas de enfermería.

Consultas de enfermería: 1.200

5. Consultas a domicilio.

a) Sen coidados de enfermería.

Primeira consulta:

-Con probas: 8.800

-Sen probas: 7.050

Consultas sucesivas:

-Con probas: 4.400

-Sen probas: 3.550

b)Con coidados de enfermería.

Primeira consulta:

-Con probas: 10.575

-Sen probas: 8.450

Consultas sucesivas:

Con probas: 5.300

-Sen probas: 4.225

6.Intervencións cirúrxicas ambulatorias.

Intervencións cirúrxicas ambulatorias: 8.800

E. Servicios de centros psiquiátricos.

1. Por internamente completo en unidades de media e longa estancia: 8.900

2. Por estancias causadas en réxime de hospital día: 9.325

3. Por servicios extrahospitalarios en ambulatorios:

a) Primeira consulta médica: 7.875

b) Revisións médicas: 4.000

c) Visitas domiciliarias:

Por médico/hora: 4.800

Asistencia social/hora: 2.175

Auxiliar social/hora: 1.950

Km. percorrido: 29

F. Transporte sanitario

Será por conta directa do paciente. En caso de que se realice con medios propios do Servicio Galego de Saúde facturarase aplicando as tarifas que se indican.

Entenderase por servicio urbano o realizado dentro da mesma localidade e por servicio interurbano o realizado entre dúas localidades distintas, computándose a distancia desde a localidade de orixe do traslado á localidade de destino.

As tarifas por servicios interurbanos serán aplicables cando do número de quilómetros efectuados en estrada se derive un importe superior, en contraprestación do servicio, ó prezo por servicio urbano correspondente á poboación onde teña a súa base a ambulancia.

1. Ambulancias non asistidas

a) Servicio interurbano por cada quilometro de:

-Transporte programado: 57

-Transporte non programado: 62

b) Servicios urbanos:

Para poboacións de máis de 200.000 habitantes:

-Transporte programado: 1.725

-Transporte non programado: 1.900

Para poboacións de ata 200.000 habitantes:

-Transporte programado: 1.225

-Transporte non programado: 1.350

c) O tempo de espera que se computará cando se lle advirta ó conductor da ambulancia a necesidade do regreso do doente por traslados interurbanos distantes máis de 40 quilómetros aboándose a tarifa establecida a partir da 2ª hora de espera ou fraccións e ata un máximo de 3 horas, con independencia de que o servicio sexa programado ou non programado.

Tempo de espera por cada hora: 1.625

2. Ambulancias asistidas.

Aplicaranse as tarifas por ambulancias asistidas cando o traslado do paciente se efectúe con persoas, médico e auxiliar, do Servicio Galego de Saúde. De non ser este o caso, a tarifa aplicable será a correspondente a ambulancias non asistidas.

a) Por cada servicio urbano: 32.825

b) Por cada quilómetro de servicio interurbano: 200

c) Por cada hora de espera: 3.775

O cómputo e aboamento do tempo de espera realizarase tal e como se define no punto 1 c).

ANEXO II

Tarifas de asistencia sanitaria a lesionados en accidentes de tráfico con cobertura de responsabilidade civil derivada do uso e circulación de vehículos de

motor de subscrición obrigatoria, aplicables nas institucións propias ou nas alleas concertadas en réxime de administración e financiamento directo.

(En pesetas).

A. Hospitalización.

Por cada día de estancia hospitalaria quedando incluída a totalidade dos gastos asistenciais, pero facendo excepción expresa de hemodiálise, transfusións e a tomografía axial computerizada, (TAC) e resonancia nuclear magnética (RMN) que se facturará a parte:

-Prezo estancia: 28.917

-Estancia UVI ou UCI: 49.438

B. Asistencia ambulatoria

-Primeira consulta: 12.638

-Consultas sucesivas: 6.304

Entenderase por primeira consulta a asistencia inicial de urxencia, estando incluídas tódalas probas de diagnóstico e de fixación do tratamento que se realicen dentro dos 15 días seguintes a esta primeira consulta, salvo as especificadas nesas tarifas.

Entenderanse por consultas sucesivas facturables, o conxunto de actos ambulatorios prestados en cada semana, mentres dure o mesmo proceso excepto os especificados nestas tarifas.

C. Fisioterapia e rehabilitación.

Por cada día de tratamento ambulatorio de fisioterapia e rehabilitación: 1.015

D. Hemodiálises.

Por cada sesión: 15.000

E: Gastos ortoprotésicos.

Consideraranse como tales aqueles correspondentes a material ortoprotésico de implantación cirúrxica que puidera precisa-lo lesionado durante o seu tratamento, os que serán facturados de xeito detallado e individualizado ó prezo de custo. Respecto ós elementos de que consta un fixador extemo de fracturas, só se facturarán os cravos ou parafusos con que o corpo principal se fixa ó oso.

F. Transporte sanitario.

Os gastos ocasionados polo traslado do paciente lesionado facturaranse conforme ás tarifas establecidas en cada ámbito polo Servicio Galego de Saúde.

Naqueles casos nos que se utilice transporte sanitario distinto ó propio do centro sanitario ou concertado por este, será a entidade aseguradora a que deberá facerse cargo do pagamento directo dos gastos que o dito transporte represente, previa conformidade da aseguradora.

G. Tomografía axial computerizada (TAC).

A tomografía axial computerizada (TAC): 26.500

H. Resonancia nuclear magnética.

Resonancia nuclear magnética: 50.000

I. Transfusións e hemoderivados.

As transfusións de sangue e hemoderivados facturaranse segundo a tarifa fixada polo Servicio Galego de Saúde.

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E E XUVENTUDE