Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 1995 Páx. 3.467

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (26/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de que fará mérito se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, o oito de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 26/1995, seguidos por agresión; sendo denunciante María Concepción da Silva Carballo, maior de idade; aparecendo como parte denunciada María Ernestina Guerra de Sousa e Rosa María Lorenzo, maiores de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Resolvo que debo absolver e absolvo libremente a María Ernestina Guerra de Sousa e Rosa María Lorenzo da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se poderá interpoñer no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lles sirva en legal forma a María Concepción da Silva Carballo, María Ernestina Guerra de Sousa e Rosa María Lorenzo, que se encontran en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinte de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado