Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de que fará mérito se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:
«Sentencia.-En Santiago de Compostela o un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.
Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 5/1995, seguidos por agresión; sendo denunciante María Cristina Saavedra Castro, maior de idade; e aparecendo como parte denunciada Juan Carlos Sueiras Vázquez, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.
Resolvo que debo absolver e absolvo libremente a Juan Carlos Sueiras Vázquez da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.
Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se poderá interpoñer no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.
Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que así conste e lles sirva en legal forma a Juan Sueiras Vázquez e María Cristina Saavedra Castro, que se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezasete de marzo de mil novecentos noventa e cinco.
O secretario
Rubricado