Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 1995 Páx. 3.464

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994, polo que se fai pública a proposta de relación de aspirantes que superaron as probas selectivas.

En sesión mantida o día 24 de abril de 1995 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas de acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta

de Galicia (grupo B), convocadas por Orde do 24 de febreiro de 1994 (DOG número 45, do 7 de marzo), acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.2.3, II.2.5, II.14 e IV.1 da convocatoria, publica-la proposta dos aspirantes que superaron, por orde de puntuación, as citadas probas.

Do mesmo xeito, tal e como esixe a mencionada base IV.1, acordouse que o tribunal eleve a proposta ó director xeral da Función Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.4 da convocatoria, e que é a que figura no anexo que se xunta á presente resolución.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1995.

Ana Mª Gallego Castro

Presidenta do tribunal