Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 1995 Páx. 3.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de contratación directa, das obras de clave OH-OUR-95.02 e dúas máis.

1.-Abastecemento de augas a Raramontaus (ampliación).

Clave: OH-OUR-95.02.

Orzamento total: 5.000.000 de ptas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

2.-Rede de sumidoiros e depuración en Hermille.

Clave: OH-OUR-95.03.

Orzamento total: 5.000.000 de ptas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

3.-Colector de residuais en Montederramo.

Clave: OH-OUR-95.05.

Orzamento total: 5.000.000 de ptas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Para o feito de proceder á devandita contratación, convídase ás empresas interesadas a presenta-las propostas económicas para a execución das obras citadas.

Os proxectos, pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentos relativos á contratación das obras a que se refire o presente anuncio poderán examinarse na Delegación Provincial de Ourense, rúa Sáenz Díez nº 1, en horas de oficina. As popostas presentaranse en dous sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial de Ourense, e nun deles deberá consta-la proposición económica exclusivamente.

O prazo de presentación de ofertas rematará ás 12 horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de proposicións será realizada pola comisión de apertura ás 10 horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións, nas oficinas da Delegación Provincial en Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 24 de abril de l995.

Amador Vázquez Vázquez

Delegado provincial de Ourense