Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 1995 Páx. 3.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995, da Delegación Provinical de Ourense, pola que se anuncia a licitación polo sistema de poxa da obra OH-OUR-95.04 e outra.

1.-Saneamento en Grixoa e Punxeiro.

Clave: OH-OUR-95.04.

Orzamento total: 6.000.000 de ptas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza provisional: 120.000 ptas.

2.-Abastecemento de auga a Cernego.

Clave: OH-OUR-95.06.

Orzamento total: 7.000.000 de ptas.

Clasificación do contratista: non se esixe; fianza provisional: 140.000 ptas.

-Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Ourense, rúa Sáenz Díez nº 1.

-Garantías que se esixen ó licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada nos apartados 1 e 2, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

-Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

-Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do decimoquinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

-Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a Mesa de Contratación ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións, nas oficinas da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Ourense, 24 de abril de 1995.

Amador Vázquez Vázquez

Delegado provincial de Ourense