Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 1995 Páx. 3.418

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de marzo de 1995 pola que se resolve a renovación ó posto da dirección de centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios (CEFOCOP).

Pola Orde do 14 de febreiro de 1995 (DOG do 24 de febreiro) convocouse o procedemento de renovación por tres anos ó posto da dirección de centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios (CEFOCOP). Unha vez cumpridos

os trámites establecidos, e de acordo coa proposta efectuada pola comisión de valoración prevista no punto segundo da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Artigo 1º

Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas mencionadas, os profesores que se relacionan no anexo I desta orde.

Artigo 2º

Esta comisión de servicios será polo período que figuraba na orde de convocatoria.

Artigo 3º

A presente disposición remata a vía administrativa, segundo o establecido no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 4º

A entrada en vigor desta orde será o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Manuel Ángel Rey Chao, CEFOCOP de Santiago de Compostela.

Manuel Díaz Regueiro, CEFOCOP de Lugo.

David Fernández Fraga, CEFOCOP da Coruña.

Francisco Lozano Varela, CEFOCOP de Pontevedra.