Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 1995 Páx. 3.405

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 11 de abril de 1995 polo que se publica o calendario das feiras culturais de Galicia para 1995.

O Decreto 40/1995, do 27 de xaneiro, polo que se regulan as feiras culturais en Galicia, sinala, no seu artigo 4, que a Consellería de Cultura deberá publica-lo calendario das feiras que realizarán os seus servicios. Para o ano 1995, a Consellería ten prevista a realización dunha ampla serie de feiras culturais, que integrarán á súa vez, en diferentes xornadas adicadas a diversos tipos de materiais, tanto as tradicionais feiras do libro como as novas feiras da música e feiras do debuxo e o gravado. Por iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia realizará, neste ano de 1995, feiras culturais nas seguintes localidades e datas:

Estas feiras poderán integrar, dentro das datas sinaladas, diversos acontecementos en xornadas adicadas ó libro, á música e ó debuxo e gravado.

As xornadas adicadas ó libro serán:

Estas seccións de feiras do libro realizaranse en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia.

Prevense igualmente xornadas dedicadas á música gravada e ó debuxo e ó gravado, dentro das feiras culturais, nas localidades e datas seguintes:

Artigo 2º

A Consellería de Cultura poderá, en función do número de participantes, realizar variacións nas datas de celebración ou anular algunha das seccións previstas. Nestes casos comunicaranse os cambios a tódolos interesados.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura