Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso para a contratación do servicio de cafetería da residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense).
Prezo mínimo da explotación: sesenta e cinco mil pesetas (65.000) por dous meses (xullo e agosto).
Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e a restante documentación poderán ser examinados no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (edificios administrativos de San Caetano), e no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, sita en Camiño Prado Loña, s/n, Ourense, e nas restantes delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 10 ás 14 horas, nos días hábiles, agás ó sábado.
Modelo de proposición económica: axustarase ó modelo establecido que figura unido ó prego de cláusulas administrativas particulares.
Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Ourense, en sobres pechados, ou por correo, segundo os procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo quinto día hábil ás 14 horas.
Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación o segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións,
nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ás 11 horas; se cadrase este día en sábado ou festivo, reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.
Documentación que presentarán ós licitadores: a esixida na cláusula 6 no prego de cláusulas administrativas particulares.
O pagamento do anuncio será por conta do adxudicatario.
Ourense, 24 de abril de 1995.
Isidro J. Cabero Juárez
Delegado provincial de Ourense