Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 1995 Páx. 3.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-12/1995 e dous máis. (Pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mencionada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen alegacións e aportaren os documentos e as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, se se dan os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993)

Pontevedra, 30 de marzo de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUSTIZA