Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 1995 Páx. 3.353

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproban os temarios que rexerán nas probas selectivas para o ingreso como persoal estatutario de institucións sanitarias da Seguridade Social de cociñeiro, telefonista, calefactor, electricista e mecánico.

O Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, sobre selección de persoal estatutario e provisión de prazas nas institucións sanitarias da Seguridade Social, establece que as probas selectivas para o acceso á condición de persoal estatutario, se axustarán ós principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade e constarán, con carácter xeral, das fases de concurso e oposición.

Procede, na súa consecuencia, con carácter previo á publicación das correspondentes convocatorias no DOG, facer públicos os temarios, das clases referenciadas, que rexerán na fase de oposición do proceso selectivo.

Polo que antecede, de conformidade coas competencias atribuídas na Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde e logo de negociación coas organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Sanidade, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-los temarios que rexerán nas probas selectivas para o ingreso como persoal estatutario das institucións sanitarias da Seguridade Social de cociñeiro, telefonista, calefactor, electricista e mecánico, que se publican nos anexos á presente resolución.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos do Servicio

Galego de Saúde

ANEXO I

COCIÑEIRO

Tema 1. A Constitución española: principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais: dereitos e liberdades, garantías das liberdades e dereitos fundamentais. As Cortes Xerais: as cámaras de elaboración das leis. O Goberno e a Administración.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega. A economía e a facenda.

Tema 3. A estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

Tema 4. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Servicio Galego de Saúde. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 5. A universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e abrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario público.

Tema 6. O persoal estatutario das institucións sanitarias da Seguridade Social. Previsións da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Estatutos do persoal médico e sanitario non facultativo: referencia ó ámbito de aplicación e principais características configuradoras da súa prestación de servicios no relativo á xornada de traballo, situacións administrativas e dereitos e deberes do persoal afectado polos mesmos.

Tema 7. O estatuto do persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social: ámbito de aplicación, clasificación do persoal, situacións administrativas, dereitos e deberes, funcións profesionais, xornada de traballo, réxime disciplinario e acción social.

Tema 8. Equipamento básico dunha cociña hospitalaria. Elementos de producción, distribución, conservación e reciclado. Características e condicións de uso.

Tema 9. Víveres. Aprovisionamento. Controles de recepción e de calidade. Almacenamento e conservación. Organización dun almacén de cociña. A súa xestión e control.

Tema 10. As carnes: definición. Tipos, clasificación e características. Manipulación, limpeza e conservación. Control sanitario.

Tema 11. As aves: definición. Controles sanitarios. Diferentes aves e as súas características. Factores que inflúen na súa calidade. Conservación. Manipulación das aves: limpeza, flamexado, desosado, etc.

Tema 12. As vísceras: definición. Controles sanitarios. Diferentes vísceras e as súas características. Vísceras máis empregadas. Factores que inflúen na súa calidade. Conservación. Manipulación das vísceras: limpeza, etc.

Tema 13. Os derivados cárnicos: definición. Controles sanitarios. Diferentes tipos de derivados e as súas características. Diferencias entre friames e embutidos. Derivados máis empregados. Factores que inflúen na súa calidade. Conservación. Manipulación dos derivados.

Tema 14. Os peixes: definición. Controles sanitarios. Diferentes peixes e as súas características. Factores que inflúen na súa calidade. Conservación. Manipulación dos peixes: limpeza e preparación. Grao de frescor.

Tema 15. Outros productos da pesca: definición. Controles sanitarios. Diferentes productos e as súas características. Factores que inflúen na súa calidade. Conservación. Manipulación: limpeza e preparación. Grao de frescor.

Tema 16. As hortalizas: definición. Tipos, clasificación e características. Manipulación, limpeza e conservación. Control sanitario.

Tema 17. Os tubérculos e os legumes: definición. Tipos, clasificación e características. Manipulación, limpeza e conservación. Control sanitario. Almacenamento.

Tema 18. As froitas: definición. Tipos, clasificación e características. Manipulación, limpeza e conservación. Control sanitalio.

Tema 19. Os ovos: definición. Características xerais. Categorías comerciais. Grao de frescor dos ovos. Conservación. Os derivados industriais do ovo e a súa manipulación.

Tema 20. O leite: definición. Características xerais. Procesos de hixienización do leite. Presentacións comerciais do leite. Conservación. Manipulacións previas ó seu emprego.

Tema 21. Os derivados do leite: definición. Diferentes productos derivados do leite. Características xerais. Conservación. Manipulacións previas ó seu emprego.

Tema 22. Os cereais e os seus derivados: definición. Productos derivados dos cereais. Características xerais. Almacenamento. Cereais máis utilizados na cociña.

Tema 23. As graxas e os aceites: definición. Diferencias básicas entre as graxas e os aceites. Características xerais. Calidades comerciais. Alteracións das graxas e os aceites. Almacenamento.

Tema 24. Os condimentos: definición. Características xerais. Diferentes presentacións comerciais. Condimentos máis utilizados na gastronomía nacional e rexional.

Tema 25. As conservas e as semiconservas: definición. Diferencias básicas. Caracteristicas xerais. Almacenamento. Identificación das conservas en malas condicións.

Tema 26. Diferentes métodos para a conservación dos alimentos. Definicións. Características xerais. Almacenamento.

Tema 27. Conxelación. Métodos de conservación dos alimentos. Normas internacionais da conxelación. Procesos de conxelación segundo a natureza e clase dos alimentos. Envasado, preparación e duración da conxelación. Métodos e procesos de desconxcelación segundo a clase de alimentos.

Tema 28. Os alimentos precociñados e os conxelados: definición. Características xerais. Conservación. Signos de deterioración dos alimentos por rotura da cadea fría. Modo de emprego dos alimentos precociñados e dos conxelados.

Tema 29. Os métodos de cocción: definicións. Aplicacións máis comúns dos diferentes métodos de cocción para cada tipo de alimento. Identificación dos puntos de cocción en cada tipo de alimento.

Tema 30. O equipamento e a menaxe da cociña: máquinas empregadas na cociña. Descrición e características xerais. Baterías e ferramentas propias da cociña.

Tema 31. Novas tecnoloxías aplicadas na cociña: na preparación, cocción, conservación e distribucion.

Tema 32. Pesos, medidas e equivalentes: pesos aproximados por ración dos alimentos máis significativos. Porcentaxe de desperdicios dos alimentos máis importantes. Medidas máis usuais na cociña.

Tema 33. Terminoloxía gastronómica máis común e vocabulario básico de cociña.

Tema 34. Conceptos básicos de alimentación dietética: a roda dos alimentos. Principal aporte de substancias nutritivas en cada grupo de alimentos. Aplicación da dietética na cociña hospitalaria.

Tema 35. Lexislación: Regulamento de manipuladores de alimentos. Normas hixiénico-sanitarias de aplicación nas cociñas hospitalarias.

Tema 36. Os riscos derivados da manipulación dos alimentos: alteracións dos alimentos. Contaminación dos alimentos: medios de transmisión dos xermes. Condicións que favorecen o seu desenvolvemento. Enfermidades orixinadas por alimentos contaminados.

Tema 37. A hixiene na manipulación dos alimentos: prácticas hixiénicas para evita-la contaminación dos alimentos do persoal manipulador, dos utensilios, dos locais.

Tema 38. Hixiene, limpeza e mantemento dos locais de hostalería (os chans, as paredes e os revestimentos), de maquinaria e utensilios.

Tema 39. Os circuítos limpos e sucios. Tratamento dos desperdicios: manipulación e eliminación.

ANEXO II

TELEFONISTA

Tema 1. A Constitución española: principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais: dereitos e liberdades, garantías das liberdades e dereitos fundamentais. As Cortes Xerais: as cámaras de elaboración das leis. O Goberno e a Administración.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega. A economía e a facenda.

Tema 3. A estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

Tema 4. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Servicio Galego de Saúde. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 5. A universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e abrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario público.

Tema 6. O persoal estatutario das institucións sanitarias da Seguridade Social. Previsións da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Estatutos do persoal médico e sanitario non facultativo: referencia ó ámbito de aplicación e principais características configuradoras da súa prestación de servicios no relativo á xornada de traballo, situacións administrativas e dereitos e deberes do persoal afectado polos mesmos.

Tema 7. O Estatuto do persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social: Ámbito de aplicación, clasificación do persoal, situacións administrativas, dereitos e deberes, funcións profesionais, xornada de traballo, réxime disciplinario e acción social.

Tema 8. Sistemas de comunicación dun centro sanitario: clases e características. Incidencia sobre o funcionamento do centro.

Tema 9. Centrais telefónicas: características e funcionamento.

Tema 10. O posto de operador/a: funcións.

Tema 11. Tarificación telefónica: notas definidoras e características.

Tema 12. Sistema Ibercom: características e funcionamento.

Tema 13. Centrais de intercomunicación: características e funcionamento.

Tema 14. Equipos de buscapersoas: características e funcionamento.

Tema 15. Equipos de radioenlaces: características e funcionamento.

Tema 16. Equipos de megafonía: características e funcionamento.

Tema 17. Actuación do operador/a: prioridades a ter en conta na execución das súas funcións.

Tema 18. Comunicacións de emerxencia: secuencias de actuación.

ANEXO III

CALEFACTOR

Tema 1. A Constitución española: principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais: dereitos e liberdades, garantías das liberdades e dereitos fundamentais. As Cortes Xerais: as cámaras de elaboración das leis. O Gobenno e a Administración.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega. A economía e a facenda.

Tema 3. A estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

Tema 4. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Servicio Galego de Saúde. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 5. A universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e abrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario público.

Tema 6. O persoal estatutario das institucións sanitarias da Seguridade Social. Previsións da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Estatutos do persoal médico e sanitario non facultativo: referencia ó ámbito de aplicación e principais características configuradoras da súa prestación de servicios no relativo á xornada de traballo, situacións administrativas e dereitos e deberes do persoal afectado polos mesmos.

Tema 7. O estatuto do persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social: ámbito de aplicación, clasificación do persoal, situacións administrativas, dereitos e deberes, funcións profesionais, xornada de traballo, réxime disciplinario e acción social.

Tema 8. Conceptos básicos de presión, temperatura, cambios de estado, calor, transmisión. Vapor: tipos.

Tema 9. Combustibles. Características e aplicacións.

Tema 10. Caldeiras. Clasificación. Partes e accesorios. Seguridades. Rendementos.

Tema 11. Producción de auga quente sanitaria. Intercambiadores. Tipos. Funcionamento e control. Proteccións e seguridades.

Tema 12. Combustión. Queimadores. Funcionamento e clasificación. Control da combustión. Chemineas. Contaminación.

Tema 13. Tratamentos da auga: descalcificación, desmineralización, desgasificación, pH.

Terna 14. Conducción de caldeiras e o seu mantemento.

Tema 15. Sistemas de distribución na montaxe de calefacción individual e central. Técnicas a empregar en cada unha delas.

Tema 16. Esixencias regulamentarias de mantemento en instalacións de centrais térmicas, instalacións de combustibles, auga quente e calefacción. Regulamento de aparellos a presión.

Tema 17. Climatización e aire acondicionado. Equipos. Sistemas. Funcionamento e control. Proteccións e seguridades.

Tema 18. Soldadura. Tipos. Técnicas de emprego.

Tema 19. Centrais de esterilización. Fundamentos. Equipos. Controles e seguridades.

ANEXO IV

ELECTRICISTA

Tema 1. A Constitución española: principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais: dereitos e liberdades, garantías das liberdades e dereitos fundamentais. As Cortes Xerais: as cámaras de elaboración das leis. O Goberno e a Administración.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega. A economía e a facenda.

Tema 3. A estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

Tema 4. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Servicio Galego de Saúde. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 5. A universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios dos servicios do sistema sanitario público.

Tema 6. O persoal estatutario das institucións sanitarias da Seguridade Social. Previsións da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Estatutos do persoal médico e sanitario non facultativo: referencia ó ámbito de aplicación e principais características configuradoras da súa prestación de servicios no relativo á xornada de traballo, situacións administrativas e dereitos e deberes do persoal afectado polos mesmos.

Tema 7. O Estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social: ámbito de aplicación, clasificación do persoal, situacións administrativas, dereitos e deberes, funcións profesionais, xornada de traballo, réxime disciplinario e acción social.

Tema 8. Principios da electricidade. Magnitudes e leis fundamentais.

Tema 9. Magnetismo e electromagnetismo.

Tema 10. Luminotecnia. Sistemas de iluminación.

Tema 11. Corrente alterna. Cálculo de liñas eléctricas.

Tema 12. Estudio de motores trifásicos. Sistemas de arrincada e control. Automatismos. Mando e manobra. Proteccións.

Tema 13. Transformadores. Tipos.

Tema 14. Aparellos de medida: o seu fundamento. Instalación.

Tema 15. Circuítos de distribución en baixa tensión. Cadros xerais e secundarios. Mecanismos e protección.

Tema 16. Protección á tenra. Utilización do neutro como terra, procedemento. Rede de protección automática por fallo de tensión e por fugas de corrente. Comprobación dunha instalación de protección.

Tema 17. Pilas e acumuladores eléctricos. Equipos rectificadores. Fenómenos fotoeléctricos. Sistemas de estabilización.

Tema 18. Regulamentos electrotécnicos de baixa tensión, alta tensión e centros de transformación. Tarifas para a subministración de enerxía eléctrica.

Tema 19. Interpretación de esquemas eléctricos.

ANEXO V

MECÁNICOS

Tema 1. A Constitución española: principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais: dereitos e liberdades, garantías das liberdades e dereitos fundamentais. As Cortes Xerais: as cámaras de elaboración das leis. O Goberno e a Administración.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega. A economía e a facenda.

Tema 3. A estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

Tema 4. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Servicio Galego de Saúde. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 5. A universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e abrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario público.

Tema 6. O persoal estatutario das institucións sanitarias da Seguridade Social. Previsións da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Estatutos do persoal médico e sanitario non facultativo: referencia ó ámbito de aplicación e principais características configuradoras da súa prestación de servicios no relativo á xornada de traballo, situacións administrativas e dereitos e deberes do persoal afectado polos mesmos.

Tema 7. O Estatuto do persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social: ámbito de aplicación, clasificación do persoal, situacións administrativas, dereitos e deberes, funcións profesionais, xornada de traballo, réxime disciplinario e acción social.

Tema 8. Coñecemento de materiais industriais. Metais. Aliaxes. Propiedades e ensaios. Ferro, productos siderúrxicos: clasificación. Aceiros: tipos e propiedades.

Tema 9. Tratamentos térmicos dos materiais.

Tema 10. Soldadura: xeneralidades e clasificación. Técnicas de soldadura. Oxicorte.

Tema 11. Axustes e tolerancias.

Tema 12. Parafusos e torcas. Sistemas máis coñecidos. Roscas. Clasificación.

Tema 13. Máquinas e ferramentas. Descrición. Tipos e clasificación.

Tema 14. Metrotecnia. Instrumentos e aparellos de medida máis usuais.

Tema 15. Interpretación de planos. Vistas, seccións e acotación.

Tema 16. Gases: propiedades e características. Manipulación, envasado e transporte. Seguridade.

Tema 17. Gases medicinais. Controles de distribución. Identificación. Características. Protección, seguridade e control.

Tema 18. Operacións básicas de mantemento mecánico na maquinaria en xeral e instalacións.

Tema 19. Loita contra o lume. Métodos. Tipos de extintores. Columnas secas. BIE. Medidas de extinción e detección.