Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ROIS

EDICTO.

De acordo co disposto no artigo 4 do Real decreto 896/1991, procédese á publicación extractada das bases da convocatoria, aprobada na sesión plenaria do 27 de febreiro de 1995, polas que se rexerán as probas selectivas para a provisión da praza de asistente social, incluída na oferta de emprego público de 1995.

As ditas bases publícanse integramente no BOP e no taboleiro de edictos do concello.

1. Obxecto da convocatoria: a provisión da praza incluída na oferta de emprego público de 1994 do Concello de Rois.

2. Natureza e contido da praza:

Prazas: unha

Denominación: asistente social

Carácter: laboral

Modalidade: contrato fixo

Asimilación: grupo B, nivel C.D. 18

3. Sistema selectivo: concurso oposición.

4. Probas de aptitude:

4.1. Fase de concurso:

a) Traballo desenvolvido: máximo 4 puntos.

b) Participación en cursos máximo 2 puntos.

c) Coñecemento do galego: máximo 1 punto.

4.2. Fase de oposición: constará de tres exercicios:

a) Un teórico, que se realizará por escrito, obrigatorio e eliminatorio, consistente en desenvolver tres temas dos que figuran no temario. Puntuarase de 0 a 10 puntos. Mínimo para aprobar: 5 puntos.

b) Un práctico, obrigatorio e eliminatorio, consistente en resolver dous supostos prácticos sobre temas relativos ás funcións da praza. Puntuarase de 0 a 10 puntos. Mínimo para aprobar: 5 puntos.

A suma de puntuacións obtidas nas fases de concurso e de oposición servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

En Rois, 21 de marzo de 1995.

O alcalde

Rubricado