Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG número 234).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 24 de febreiro de 1995, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a fixación de aliñacións e rasantes, así como a ordenación de volumes da U.A. número 36, no Vilar-Rúa da Paz-Nós.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días hábiles, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 14 de marzo de 1995.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente