Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Videlba, de Montrove-Oleiros
(A Coruña) no que solicita a ampliación dunha unidade do 2º ciclo de educación infantil no dito centro.
Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación, pola Unidade Técnica de Construccións e pola Oficina de Supervisión de Proxectos.
Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.
Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.
Considerando que o Real decreto 1004/1991, establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá no centro solicitante.
Considerando que a disposición transitoria quinta do antedito real decreto, no seu apartado 3, obriga ós centros de educación preescolar que teñan autorización definitiva para unha ou dúas unidades a completa-las unidades necesarias para imparti-lo segundo ciclo completo de educación infantil.
Esta dirección xeral resolveu:
Autoriza-la ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1995.
Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete
Director xeral de Ordenación Educativa e Centros
ANEXO
Provincia da Coruña
Concello: Oleiros
Localidade: Montrove
Enderezo: avenida Rosalía de Castro, 48.
Denominación: Videlba.
Titular: Videlva, S.L.
Nivel: educación infantil 2º ciclo.
Unidades de que constaba: 3.
Unidades novas autorizadas: 1.
Total de unidades autorizadas: 4.