Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.235

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de abril de 1995 pola que se modifica a do 4 de xaneiro de 1995 na que se anuncian subvencións a empresas privadas para o fomento do turismo rural e a modernización de balnearios.

No Diario Oficial de Galicia nº 40 do 27-02-95 publicouse a Orde do 4 de xaneiro de 1995 pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para o fomento do turismo rural e a modernización de balnearios.

Nesta disposición sinálase, no seu artigo 1, que a Secretaría Xeral para o Turismo poderá concede-las subvencións que se anuncian con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.05.651-A.770.00 e 04.05.651-A.770.02.

Debido a que por transferencia de crédito se modificou a aplicación 04.05.651-A.770.00, e soamente para os efectos de adecua-la orde á devandita modificación orzamentaria dispoño que o parágrafo primeiro do artigo 1 da referida orde, quede redactado nos seguintes termos:

«Artigo 1º.-Destinatarios:

A Secretaría Xeral para o Turismo poderá conceder subvencións con cargo ás aplicacións 04.05.651-A.770.09 e 04.05.651-A.770.02 do programa «Ordenación, promoción, xestión e fomento do turismo» dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1995, dentro do concepto «Fomento do turismo rural e modernización de balnearios», ás persoas físicas e xurídicas que de seguido se especifican:»

Disposición derradeira:

A presente orde entra en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública