Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación para a Creación do Colexio de Periodistas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os

efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación para a Creación do Colexio de Periodistas de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros desta asociación aquelas persoas que sexan periodistas e que formen parte do cadro de redacción das empresas de comunicación. Poderán inscribirse aquelas persoas que, aínda estando inactivas por calquera razón, son ou foron profesionais da información.

Asinan a acta de constitución: Caetano Díaz Vidal e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais