Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia o concurso para a contratación directa da asistencia técnica referente á realización dun vídeo sobre a xestión dos recursos pesqueiros.

Esta dirección xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a contratación directa do seguinte material:

Obxecto do contrato: asistencia técnica para a realización dun vídeo sobre a xestión de recursos pesqueiros para a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Orzamento de licitación: tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.).

Prazo de execución: catro meses.

O prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas estarán a disposición dos interesados no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As proposicións presentaranse no devandito rexistro ou na forma que dispón o artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de dez (10) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola comisión de contratación o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas, sempre e cando non coincida en sábado, que pasará ó primeiro día hábil seguinte, na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas.

O presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1995.

Ana María Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Inves-

tigación

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS