Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 1995 Páx. 3.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 120/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L6409 de Sárdoma entre os CC.TT. Palmeras e Pega ata o C.T. que se proxecta en r/ Canario, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución de enerxía na zona.

Características principais: L.M.T., soterrada, de 20 m de lonxitude, a 15/20 kV, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV/398-230 V.

Orzamento: 4.567.001 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren

oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 20 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra