Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 1995 Páx. 3.191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1995 pola que se solicita a colaboración de profesorado especializado para a execución do seu programa docente.

A actividade docente da Academia Galega de Seguridade esixe dispor dun cadro de profesores especializado para impartir os cursos de formación, perfeccionamento e especialización dirixidos ós policías locais, membros da Unidade de Policía Nacional adscrita á Xunta de Galicia, funcionarios ou voluntariado para as tarefas, de extinción e prevención de incendios e protección civil e membros dos corpos de bombeiros, da nosa Comunidade Autónoma.

Con este motivo, esta dirección, no uso das súas atribucións,

RESOLVE:

Primeiro.-Poñer en coñecemento de tódalas persoas que posúan a titulación adecuada, experiencia docente ou profesional nas materias que se relacionan no anexo I e que queiran colaborar nas actividades da academia, que poderán presentar unha solicitude segundo o modelo do anexo II na que farán consta-los datos persoais e profesionais e, a materia ou materias nas que son especialistas. Unirán á solicitude o seu currículum vitae.

Segundo.-A colaboración será específica para cada curso ou actividade concreta e axustarase á normativa vixente en materia de incompatibilidades e retribucións.

Terceiro.-As solicitudes irán dirixidas ó director xeral da Academia Galega de Seguridade e presentaranse, ben directamente no rexistro xeral da academia (rúa de Madrid, s/n, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela) ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1995

Juan José Fariñas-Ferro

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

ANEXO I

-Dereito penal.

-Dereito procesual-penal.

-Dereito político-constitucional.

-Dereito estatutario.

-Dereito administrativo:

-Administración local.

-Dereito urbanístico.

-Dereito medioambiental.

-Psicoloxía.

-Socioloxía.

-Criminoloxía.

-Técnicas policiais.

-Seguridade vial.

-Accidentes e atestados.

-Intervención policial.

-Policía científica.

-Tiro, armas e explosivos.

-Ética.

-Primeiros auxilios.

-Historia de Galicia.

-Lingua galega.

-Defensa persoal.

-Educación física.

-Recursos humanos-dirección.

-Informática.

-Protección civil:

-Planificación.

-Riscos y accidentes.

-Mercadorías perigosas.

-Protección ambiental.

-Comunicacións.

-Incendios.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA