Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1995 pola que se anuncia concurso para a asistencia técnica da atención do teléfono de información cidadá 010.

Obxecto: asistencia técnica ó Concello da Coruña para a atención do teléfono de información cidadá 010 (ref. As95/10).

Tipo de licitación: non se sinala.

Garantías: provisional, 360.000 pesetas; definitiva, 4% do importe de adxudicación.

Modelo de proposición: reintegradas cun timbre municipal de 17.740 pesetas, as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

Don/Dona...., veciño/a de...., con domicilio en...., provisto/a de DNI nº...., en representación de...., con domicilio... (ou no seu propio nome), informado/a do anuncio do concurso para asistencia técnica ó Concello da Coruña para a atención do teléfono de información cidadá 010, e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de:

-Axente telefónico... pesetas (IVE incluído)

-supervisor... pesetas (IVE incluído).

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido; como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderanse examinar e retirar copia na Unidade de Obras e Concesións, 2º andar do pazo municipal, praza de María Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 18 de abril de 1995.

O alcalde

Rubricado