Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se convoca concurso público para contratación dunha asistencia técnica para a edición e distribución dunha guía para a identificación dos mariscos de Galicia.

Obxecto: edición e distribución dunha guía para a identificación dos mariscos de Galicia.

Orzamento: cincuenta e cinco millóns cincocentas mil pesetas (55.500.000 ptas.).

Prazo de execución: desde o día seguinte ó asinamento do contrato ata o 31 de maio de 1996.

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa de Sar, nº 75, Santiago de Compostela) ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Modelo de proposición económica: axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. O prazo de admisión finalizará ás 14 horas do vixésimo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: en acto público ás dez horas do primeiro día hábil, que non coincida en sábado, no que se cumpran cinco días naturais, contados desde a data seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas.

Documentos que deben aporta-los licitadores: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario, que o deberá aboar con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1995.

Samuel Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras