Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 1995 Páx. 3.152

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 185/1994 (52071)).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Liña eléctrica áerea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 564 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta ó C.T. Curio e remate no C.T. Arbosa.

-Centro de transformación aéreo de 160 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 941 m, de lonxitude discorrendo polos lugares de Arbosa e Bañobre. Miño.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 14 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña